GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

Cirular informativa

(23/03/2010)

Cirular informativa "V día da Galicia exterior" 2010

Estimado presidente:

No presente ano de 2010, está previsto celebrar o “V Día de Galicia Exterior” con motivo do Ano Santo Xacobeo. Esta celebración, referente imprescindible dentro do mundo da Galicia da diáspora, converteuse na romaría tradicional da emigración. 

Este evento é unha magnífica oportunidade de compartir unha xornada de convivencia entre os membros das distintas comunidades galegas asentadas en España, noutros países de Europa, América e Oceanía, baixo o manto protector do Apóstolo.

Sendo esta unha acción de potenciación da nosa cultura, tentamos estreitar os lazos e vínculos que nos unen a nosa terra nai, nunhas datas nas que Santiago e Galicia se converten nun faro universal, e transmitir o mundo a grandeza da irmandade dos seus fillos.

Seguindo a experiencia das anteriores ocasións reunirémonos na primeira quincena de agosto, concretándose os actos centrais entorno o día 13, venres, segundo as previsións actuais.

Temos prevista a convocatoria de unha orde de axudas, para facilitar a participación dos grupos folclóricos das entidades galegas no exterior no tradicional festival que celebraremos ese día. Aínda que a nosa intención sexa o lograr a meirande participación posible, tanto por razóns orzamentarias como mesmo organizativas, nos vemos na necesidade de establecer un número máximo de participantes por áreas xeográficas. Os prazos de solicitude e condicións esperamos que estean publicadas no Diario Oficial de Galicia nos primeiros días do próximo mes de abril.

Manteremos basicamente o programa realizado nas edicións anteriores, e a este respecto temos solicitada a Praza da Quintana en Santiago, estando prevista a realización dos actos principias nesta magnífica antesala da Porta Santa da Catedral de Compostela. O programa de actos será o seguinte:

Lugar de celebración: Santiago de Compostela

Día: 13 de agosto, venres  

  • 09:40 h.: Pasarrúas polo casco vello de Santiago, dos grupos participantes no Festival de Folclore.
  • 10:00 h.: Concentración das distintas delegacións representativas das comunidades galegas na Praza do Obradoiro, acompañados dos seus respectivos estandartes. 
  • 11:00 h.: Desprazamento ordenado por grupos desde a Praza do Obradoiro á Praza da Quintana.
  • 12,00 h.: Misa do peregrino adicada á Galicia Exterior; oficiada polo Arcebispo Excmo. Sr. D. Julián Barrio Barrio Ofrenda ó Apóstolo Santiago por parte de representantes das entidades presentes nos actos. - Comida libre (por conta de cada grupo) 
  • 16:30 h.: Concentración na Praza da Quintana dos grupos participantes no V Festival Internacional de Folclore Galego.
  • 17:00 h.: Comezo do V Festival Internacional de Folclore Galego.
  • 21:00 h.: Clausura do Festival. Entrega de Diplomas.

 

Confirmación da previsión de participación:

Para realizar as adecuadas previsións na organización dos actos é necesario que, a través de Fax ou correo electrónico, remitan cumprimentada a folla de participación que se xunta como anexo I, facendo constar tódolos datos e, coa maior precisión posible, o número estimado de persoas participantes tendo en conta tanto os socios, directivos, etc., así como os familiares e amigos acompañantes.

Tamén é importante facer constar os teléfonos da persoa responsable para tódolos contactos, comunicacións ou informacións derivados do programa, tanto do seu lugar de residencia habitual como os teléfonos onde estará localizable en datas de vacacións ata o día de celebración deste programa.

Igualmente, no caso de que por calquera razón algún centro estime que non puidera estar presente nos actos, agradeceremos que envíe, polo mesmo medio a folla de participación, enchendo o recadro “non poderá participar”, xa que deste xeito, facilitará sensiblemente a coordinación do programa.

Para calquera dúbida ou información adicional sobre o programa podedes contactar nos teléfonos 981-957161 e 981-547265 da Secretaría Xeral da Emigración.

Aínda que saibamos a dificultade que podedes ter nestes momentos para concretar a información que vos pedimos, reiteramos a necesidade de que, á maior brevidade posible, nos fagades chegar as follas de participación que se xuntan a esta circular para facilitar a oportuna organización do programa.

Na espera de poder compartir con todos vos unhas xornadas inesquecibles en Galicia, recibide un cordial saúdo,

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2010

O SECRETARIO XERAL DA EMIGRACIÓN

J. Santiago Camba Bouza.

 

FOLLA DE PARTICIPACIÓN

Descargar circular en pdf

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Enero 2020
LMMeJVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas