GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

Un nuevo retraso en el debate de la reforma impedirá los cambios en 2011

(20/04/2010)

Un novo atraso no debate da reforma impedirá os cambios en 2011
Populares e socialistas volven retirar da axenda do día da subcomisión do Congreso o futuro do voto emigrante

R. PRIETO | A Coruña.  A reforma do voto emigrante cambaléase. Polo menos para que as decisións que se acorden no seo da subcomisión do Congreso que debate as modificacións poidan aplicarse xa nas eleccións municipais do próximo ano. Populares e socialistas volverán reunirse hoxe para debater a reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (Loreg).

Na orde do día estaba a presentación das propostas por parte de PP e PSOE sobre a participación electoral dos españois no exterior. Por segunda semana consecutiva, populares e socialistas acordaron retirar da axenda do día o tema que tanta polémica provocou nas filas socialistas, sobre todo nas comunidades autónomas con máis peso da emigración como Galicia. Asturias ou Canarias.

A previsión é que as restricións á diáspora nos comicios non se debatan ata o próximo mes de maio. Este novo adiamento non permitiría que a reforma da lei electoral entrase en vigor o próximo ano, o que suporía que o veto á emigración nas municipais non se aplicaría ata a cita electoral de 2015.

Para o BNG, este atraso na presentación de propostas "tensará" aínda máis os prazos na negociación da reforma. "A marxe é moi xusto para que os seus traballos conclúan en xuño cun acordo sobre o voto emigrante, o que suporía atrasar a entrada en vigor das modificacións pactadas", aseguran desde o Bloque.

As presións internas dos socialistas ante as restricións que expón os dous partidos maioritarios forzaron un cambio de postura no PSOE. A súa pretensión segue sendo a de vetar á emigración nas municipais, pero quere que sexan as comunidades as que decidan sobre a participación dos seus emigrantes nas autonómicas. Ata maio, non se coñecerá a proposta definitiva.

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeJVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas