(11/01/2011)
Ames. O padrón fórmano 528 europeos e 1.112 orixinarios de América
O censo de emigrantes de Ames multiplicouse por dez desde o ano 2000 e das 1.769 persoas censadas nestes momentos, 701 chegaron directamente de países estranxeiros, mentres que preto de mil cen son cidadáns estranxeiros que chegaron doutros municipios de España.
Dos case mil oitocentos cidadáns estranxeiros, máis de mil cen proceden do continente americano. O rexistro máis avultado corresponde orixinarios de Brasil (347), seguido de Portugal (233). Os países que lle van á zaga neste cómputo son Colombia (166), Arxentina (110), Venezuela (106), República Dominicana (68), Uruguai (65), Cuba (65), Ecuador (34), Perú (32), Paraguai (29), Chile (24), Panamá (17) e México (17).
O segundo gran grupo xeográfico corresponde a cidadáns de países europeos. Chama a atención o rexistro de 80 persoas italianas, sesenta romanesas, 43 de China , 41 de Marrocos, 25 de Alemaña, catorce de Rusia e trece de EE.UU. O resto do censo complétano 84 orixinarios de África e un apátrida.es.
OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas