GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

La Fundación Galicia Europa mantiene su compromiso con la difusión de la cultura gallega en Bruselas

(01/08/2011)

A Fundación Galicia Europa mantén o seu compromiso coa difusión da cultura galega en Bruxelas

 
 
luns, 01.08.2011
  • A Fundación Galicia Europa prorroga un ano máis o acordo coa Consellería de Cultura para acoller persoal do seu departamento en Bruxelas
  • O Consello da Xunta de Galicia aprobou o pasado 14 de xullo o convenio que fai posible esta prórroga

A Fundación Galicia Europa vén de prorrogar por un ano o acordo de colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo de xeito que esta poida destacar persoal propio na oficina que a FGE ten na capital comunitaria entre o 1 de setembro de 2011 e o 31 de agosto de 2012.

A Consellería de Cultura e Turismo precisa seguir contando con técnicos propios en Bruxelas para encargarse do seguimento da política comunitaria nos eidos de competencia do seu departamento así como para o desenvolvemento de actuacións culturais no ámbito da Unión Europea. Este novo convenio, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o pasado 14 de xullo, dá continuidade á colaboración que comezou no ano 2008.

O acordo enmárcase na liña de cooperación que a Fundación Galicia Europa establece coa Xunta de Galicia e outras entidades públicas galegas ofrecendo as súas instalacións na cidade belga para que se sigan in situ os avances nunha determinada materia relevante para a nosa comunidade, coma os convenios actuais coa Consellería do Mar ou coa Cámara de Comercio de Lugo.

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeJVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas