GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

A emigración e os vínculos coa Habana, no quinto centenario da cidade cubana

(15/10/2019)

A emigración e os vínculos coa Habana, no quinto centenario da cidade cubana

O Consello da Cultura Galega programa actividades para afondar nunha relación histórica

 

Imaxe da chegada dun barco de emigrantes ao porto da Habana.

Imaxe da chegada dun barco de emigrantes ao porto da Habana.

 


santiago / la voz 15/10/2019

Con motivo do quinto centenario da creación da cidade da Habana, que se cumprirá o 16 de novembro, o Consello da Cultura Galega (CCG) programa unha mostra, mesas redondas e un congreso de cara a afondar na relación histórica que Galicia mantivo coa capital cubana. «Os nados en Galicia chegaron a ser o 9 % da poboación total da Habana», incide Xosé Manoel Núñez Seixas, vicepresidente do Consello da Cultura Galega.

 

As actividades comezan xa hoxe na capital cubana, coa inauguración da mostra «O soño cubano da emigración galega», que visibiliza a presenza galega nesta cidade. En preto de trinta paneis pódese descubrir o perfil dos emigrantes e coñecer o espertar dunha conciencia galega en Cuba que explica que agromaran alí boa parte dos símbolos da identidade galega, como a bandeira, o himno e o escudo. A mostra, que se exhibirá no Gran Teatro da Habana, que foi a antiga sede do Centro Galego, estará acompañada o xoves dunha mesa redonda.

 

Xa en novembro, as actividades desta programación chegarán a Galicia. Os días 7 e 8 do vindeiro mes celebrarase o congreso «A Habana galega: Historia e memorias cruzadas», que revisará a historia da capital cubana en clave galega, os movementos migratorios e tamén as pegadas mutuas entre ambas as culturas. Estará coordinado por Xosé Manoel Núñez Seixas e María Xosé Porteiro, quen tamén son os comisarios da mostra «O soño cubano da emigración galega», que se exhibirá no Museo do Pobo Galego próximamente.

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeJVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas