GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

O labor do exilio e a emigración segundo Florencio Delgado Gurriarán

(25/01/2022)

O labor do exilio e a emigración segundo Florencio Delgado Gurriarán

 

Mª Elva Delgado TRIBUNA ABERTA

La Voz. Ourense 

 

Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán CONSELLO DA CULTURA GALEGA

 

24 ene 2022 .

 

Un dos motivos polos que a Real Academia Galega escolleu homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán co Día das Letras Galegas de 2022 foi o seu labor no exilio mexicano.

 

 

Comeza Florencio facendo referencia a que as relacións entre Galicia e América son anteriores a Colón, remontándose probablemente á Prehistoria. Salienta que en terras galegas foi onde se tivo a primeira noticia da existencia do Novo Mundo, xa que foi nunha praia galega de Baiona (Pontevedra) onde atracou a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón ao seu regreso do Descubrimento de América, o 1 de marzo de 1493.

 

 

Segundo el, entre os galegos hai algún descubridor, por exemplo o pontevedrés Pedro Sarmiento de Gamboa, escritor e navegante, quen fundou nas ribeiras do Estreito de Magallaes os poboados de Nombre de Dios e Don Felipe, ademais de descubrir nos mares do sur as illas Nombre de Jesús e Santa Isabel. Sinala que é galega, en gran parte, a proxenie dos poboadores das dúas Américas. Nesa época foi cando máis brillaron os apelidos de descendentes de familias chegadas alí cen anos antes: Saavedra, Rivadavia, Balcarce, Sarmiento… Tras o descubrimento, os galegos, sinala Florencio, pasaron a poboar as Américas, uns por causas económicas, outros, animados polo seu espírito aventureiro, pola inquietude das súas almas…

 

 

Florencio comenta que a emigración galega se espallou ó chou por todas as Américas, desde Alaska á Patagonia, tendo maior repercusión en Arxentina , Brasil, Cuba, Venezuela, México…

  

Revista Vieiros na que publicou Florencio Delgado Gurriarán

Revista Vieiros na que publicou Florencio Delgado Gurriarán

 

Con respecto ó labor da emigración en México, Florencio sinala que a pegada galega en México non foi tan importante como nas repúblicas pratenses, en Cuba ou en Brasil. Os galegos da cidade de México crearon no 1948 o Centro Galego, que pretende vincular a tódolos españois, especialmente ós orixinarios de Galicia e os seus fillos residentes na República mexicana, conservar e difundir as tradicións galaicas e estreitar os lazos espirituais entre España e México. A principios dos anos corenta e seguintes, o grupo galeguista Saudade publicou a revista do mesmo nome. En 1953, os galegos da emigración republicana fundaron o Padroado da Cultura Galega. A súa misión plasmouse nunha gran revista, Vieiros. Antes tamén se creou o Ateneo de Galicia en México, presidido por Amancio Bolaño e Ysla .

 

En México tamén destacaron outros galegos como o pintor Arturo Souto, o escultor Uxío Souto ou o cineasta Carlos Velo. Tamén viviu en México Salvador de Madariaga, unha das máis prestixiosas figuras das letras españolas. Tamén pasou por México Ramón María del Valle Inclán, quen fixo dúas viaxes á república.

 

 

Remataba a conferencia Florencio Delgado con estes versos:

 

FINIS

 

«Se apagó el fuego de mi cachimba, / y no consigo ver una letra. / Mientras enciendo-taramba y timba / Timba y taramba- pongo una &».

 

 

Elva Delgado Vázquez é familia de Florencio Delgado Gurriarán e unha estudosa da súa obra.

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeJVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas