GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

Alberto Paz, portavoz de Long Hope: «Fomos zafando da covid e seguimos adiante»

(22/04/2022)

Alberto Paz, portavoz de Long Hope: «Fomos zafando da covid e seguimos adiante»

borja casal REDACCIÓN / LA VOZ

 

Alberto Paz, fotografado este mércores en Noia, onde reside e segue como portavoz da asociación Long Hope

Alberto Paz, fotografado este mércores en Noia, onde reside e segue como portavoz da asociación Long Hope MARCOS CREO

 

Foi mariño mercante en Noruega nas décadas dos 70 e 80, e logo noutros países. Desde o 2014 é o portavoz da asociación «Long Hope», que segue a reclamar xubilacións do goberno noruegués

 

21 abr 2022 .

 

Alberto Paz (Noia, 1953) non ten pensado descansar ata ver resolto o conflito que lle ocupa desde hai máis dunha década. El é o portavoz da asociación Long Hope, que agrupa mariñeiros de distintas partes de España para reclamarlle ao goberno de Noruega xubilacións despois de ter pagado impostos como traballadores no país anos atrás. «De momento non temos novidade porque o tema está no Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo. Estamos esperando, pero seguimos», explica Alberto.

A súa vida, como a de moitos dos seus compañeiros (segundo os cálculos da asociación habería 12.000 mariñeiros españois con dereito a pensión norueguesa, 8.000 deles galegos), pasou por Noruega entre os anos 70 e 80. Alí traballou na mariña mercante, logo estivo en Dinamarca, e xa no 2010 presentaría unha queixa no Parlamento europeo polas xubilacións sen cobrar.

 

«Daquela non estaba metido na asociación. A súa estratexia era outra e cando admitiron a miña queixa a trámite comuniqueillo e presentaron a súa», recorda o actual voceiro de Long Hope. Ese foi o inicio dun proceso que aínda segue: as dúas reclamacións foron tratadas en conxunto, despois Alberto dirixiuse ao daquela presidente da Comisión Europea, José Manuel Durão Barroso, e este recomendoulles recorrer a Estrasburgo.

 

 

Nos últimos dous anos a actividade da asociación e de Alberto Paz cambiou, pero non parou. O portavoz de Long Hope fai vida preto do mar, en Noia («case sempre vivimos onde nacemos, pero xa estiven no interior e prefiro a costa»), e continúa coas súas xestións a favor de que lles paguen as pensións. «Nós parados nunca estamos porque sempre mantemos contacto co Goberno, co Ministerio de Exteriores e andamos con consultas, pero desde que empezou a pandemia só puidemos facer unha manifestación. Somos xente maior e non nos vamos arriscar a un contaxio meténdonos todos nun bus».

 

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeJVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas