GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

As gaitas viaxan dende Chile ata Ourense

(15/07/2022)

As gaitas viaxan dende Chile ata Ourense

Andrea Otero OURENSE / LA VOZ

 

Lar Gallego é unha asociación de música tradicional galega de Chile.

Lar Gallego é unha asociación de música tradicional galega de Chile. Andrea Otero

 

A Deputación acolleu unha recepción á agrupación Lar Gallego

 

13 jul 2022 .

 

A agrupación de gaitas Lar Gallego, procedente de Santiago de Chile, visitou a sede da Escola Provincial de Gaitas de Ourense. Estiveron presentes no acto o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, e o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo

 

Dende a Deputación agradeceron a súa entrega coa música galega á agrupación sudamericana, así como a súa asistencia a cidade. «Imos facer unha simbiose do que se fai en Ourense e da música de Chile para enriquecernos mutuamente», indicou Rosendo Fernández, que cualificou o encontro como «o xeito de ser progresistas culturalmente». Por outra banda, Xosé Lois Foxo agradeceulle á Deputación que sigan apostando pola música tradicional. «Hoxe temos a honra de recibir a esta agrupación procedente dun dos lugares máis importantes da civilización onde se cultiva a nosa música», dixo. 

 

Lar Gallego é unha asociación formada por emigrantes galegos en Chile. A agrupación leva 55 anos amosando a música tradicional galega por todo o mundo, principalmente polo país de Chile. Ricardo González, presidente do Lar Gallego, agradeceu a invitación a Ourense e convidou á Escola Provincial a visitar tamén o seu país. 

 

Para rematar, acto contou cunha mostra musical de gaitas e uns pinchos para os asistentes. Pero antes de comezar o recital, Xosé Lois Foxo fíxolle entrega ao director de Lar Gallego dunha recopilación de éxitos das bandas de gaitas do mundo. 

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeJVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas