GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

Os veciños de Furelos poñen en valor as súas raíces

(12/09/2022)

Os veciños de Furelos poñen en valor as súas raíces

Natalia Noguerol MELIDE / LA VOZ

 

Sandra Alonso

 

Do 16 ao 18 de deste mes, Melide recreará cun mercado e actividades culturais a vida de hai cen anos

 

11 sep 2022 .

 

Andrés Varela traballou facendo tellas ata que no ano 62 fixo as maletas na busca dun futuro máis prometedor. «Non se bota nada en falta, porque o que había era miseria. ¿Que casas había aquí? Casetos», conta este emigrante retornado, que, a vindeira fin de semana, do 16 ao 18 de setembro, recreará na súa aldea natal, Furelos, ese vello oficio ao que nesa parroquia de Melide chegaron a dedicarse ata unha vintena de familias. Hoxe solo son catro os telleiros —ningún en activo— e os catro participarán no mercado de época «Furelos no 1900», unha viaxe no tempo que transporta á vida na aldea de hai cen años. Malia a dureza daqueles tempos, os veciños non se retrotraen ao pasado con lamento, porque «o noso pobo é un orgullo», afirma Pilar Sánchez, sobriña de Andrés e filla de María Varela, que é, con 91 anos, a telleira máis lonxeva do lugar.

 

Xunto con Manuel Valiño e Jesús Segade, son os dignos representantes dun oficio que non será o único tradicional que se recree en Furelos. Lavandeiras, costureiras, afiadores, tallistas, labregos e taberneiros son, xunto co do cura, a parella da garda civil, o mestre e mesmo a meretriz, algúns dos papeis que interpretarán os veciños, comprometidos cun evento que, co apoio do Concello melidense, recuperan logo de tres anos sen celebrarse. «A implicación veciñal é a clave e o éxito da festa, na que participan animados e con ganas», conta Sara López. Aínda que fuxe de calquera protagonismo, o certo é que ela carga nas costas co peso da organización, na que para o ano traballará con miras a que o mercado de época se volva celebrar a finais de xuño, ou principios de xullo. As primeiras semanas do verán, «somos máis veciños en Furelos, porque agora fáltanos xente que estivo de vacacións e xa se foi —explica— temos máis horas de luz, e o tempo é mellor».

 

O que toca desta volta «é rezar para que non chova», di Sara, que debulla unha programación que, ademais dos papeis que asumen os veciños para recrear o xeito de vida na vella Furelos, ofrece un mercado cuns vinte postos nos que o público asistente poderá dende comer ou mercar artesanía, ata participar nun taller de esparto ou de elaboración de pan. Teatro ambulante, e un tren turístico con viaxes cada hora a Furelos dende a capela de San Roque son as novidades deste ano, que contará coa animación musical de Froito e Falcatrueiros, o sábado, e de Meigas e Trasnos e Louband, o domingo

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeJVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas