(01/02/2023)
Pablo Diego, fundador da revista «O Ferrado». CEDIDA
31 ene 2023 .
O ferrado era a medida de volume usada para coñecer a cantidade de cereais e de legumes ata hai pouco máis dun século en Galicia. Pero, agora, esta ferramenta acada un novo significado. Trátase dunha revista online formada por un grupo de sete rapaces que pretenden plasmar a súa visión de Galicia a través de «O Ferrado», un medio de comunicación nado hai un ano, no que varios xoves escriben sobre lingua, historia, cultura e política, entre outros temas.
Distintos prismas
«Contar as cousas dende dentro é fundamental para manter viva a nosa historia. Nós somos un grupo de rapaces que compartimos o amor pola nosa terra», recalca. «O noso obxectivo é contar o que pasa en Galicia con diferentes prismas», explica Pablo Diego, que traballa como economista en Suíza. «Nas nosas quedadas nocturnas sempre terminabamos barallando e démonos conta que facía falla un voceiro público da xeración nova e, aí comezou todo», afirma.
Catro dos seus integrantes viven en Galicia, e os outros tres, residen fóra. Pero iso non é motivo de disputa nin de impedimento á hora de organizar o seu medio. Todo o contrario. «Algúns estamos emigrados por falta de oportunidades na Comunidade. Somos a parte que se queda, pero tamén a que se vai en busca de mellores oportunidades», di o pontevedrés.
Lucía Rodríguez, natural de Navia de Suarna, tamén escribe artigos para a revista dende Barcelona. «Adoito falar do rural, da lingua e de feminismo», afirma a naviega, que decidiu formar parte deste proxecto porque, segundo asegura, é unha «iniciativa real, máis alá de idealismos, e onde facemos todo de forma altruísta».
Lucía Rodríguez, de «O Ferrado».
Os rapaces, que publican un artigo á semana, teñen lectores de todas as partes do mundo. Dende Nova York, ata Vigo, Lugo ou A Coruña. Pero o máis chamativo é que a segunda cidade dende a que máis os len é Madrid, despois de Vigo. «Isto é unha clara mostra da gran emigración que hai de xente nova pola falta de oportunidades aquí. Por iso, queremos escribir para todos eles», asegura o fundador.
OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas