GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A inmigración freouse en Vigo un 70% nos últimos dous anos

(01/02/2010)

A inmigración freouse en Vigo un 70% nos últimos dous anos
O último padrón reflexa unha poboación estranxeira de 17.800 persoas

Autor:
Xulio Vázquez
Data de publicación:
1/2/2010 
A colonia de inmigrantes segue crecendo en Vigo, pero nestes dous últimos anos sufriu unha desaceleración con respecto aos anteriores, coma se quixese botar o freo, debido fundamentalmente á crise económica. O que representa un 70% menos. De todos os xeitos, a poboación estranxeira xa se eleva a 17.801 persoas, segundo os datos do último padrón municipal, que se realizou no pasado mes de outubro. O aumento foi de 1.459 inmigrantes, significativamente inferior se o comparamos co período de entre o 2006 e o 2008, cando chegaran preto de cinco mil estranxeiros máis.
Con todos eles poderíase configurar un mapamundi, porque hai representación dos cinco continentes. Europa é o máis representativo, con xente de 34 países distintos. Curiosamente, aínda figuran nove persoas coa nacionalidade da ex Iugoslavia. Tamén residen en Vigo emigrantes de varias repúblicas da ex Unión Soviética. Hai 4 mulleres de Bielorrusia, 15 empadroados de Eslovaquia, 5 de Eslovenia, 8 de Estonia, 5 de Xeorxia, 3 de Letonia, 35 de Lituania, 37 de Moldavia, 88 de Ucraína. E 133 de Rusia. Pero o maior número de inmigrantes europeos ségueo ostentando o veciño país de Portugal con 2.695, seguido de Romanía, con 1.001. A continuación está Italia (710), Francia (361), Alemaña (197), Reino Unido (175), Polonia (133) e Bulgaria tamén supera o centenar (101). En total, son 6.028 europeos, dos que 3.460 son homes.
Pero o maior fluxo de inmigrantes procede de Sudamérica, cunha cifra global de 9.762. O país que máis achega é Brasil (2.302), seguido de Colombia (1.291), Uruguai (1.145), Arxentina (1.022), Perú (759), Paraguai (647), Venezuela (565), Bolivia (534) e Cuba (410). De Estados Unidos hai 127. Os tres con menos representación son Bahamas (1 muller), Costa Rica (3 mulleres), Salvador (2 homes e 1 muller), Costa Rica (3 mulleres), Canadá (3 homes e 3 mulleres) e Panamá (2 homes e 9 mulleres).
Dáse a circunstancia de que hai un centenar de arxentinos menos, con respecto ao padrón anterior. O mesmo sucede cos uruguaios e bolivianos. Mentres que aumentou en igual proporción o número de brasileiros, paraguaios e peruanos. E algo menos os guatemaltecos.
Polo que respecta ao continente africano, hai uns douscentos máis (1.420), dos que 974 son homes. A maioría proceden de Senegal, case douscentos máis nos dous últimos anos (512). Séguelle Marrocos (355), Nixeria (176) e ocupa o terceiro posto Ghana (129). Hai unha mínima representación de Benín, Tanzania e Togo.
Máis chineses
De Asía e Oceanía levan a palma os chineses. Chegaron algo máis do centenar nos dous últimos anos e xa son 432, dos 602 inmigrantes que achegan ambos os continentes. Os seus negocios proliferan na cidade, alleos á crise económica.
De Paquistán hai 45 empadroados, dos que 39 son homes. Séguelle Bangladés (25) e Filipinas (23). Tamén constan 13 xaponeses e outros tantos de India. Con todo, non hai ningún israelí, nin palestino.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas