GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta afirma que a colectividade galega está a salvo

(03/03/2010)

A Xunta afirma que a colectividade galega está a salvo

Autor:
Redacción
Data de publicación:
3/3/2010

O secretario xeral de Emigración da Xunta, Santiago Camba, viaxará este fin de semana a Chile para interesarse pola situación da colectividade galega no país. Camba, que tiña previsto unha viaxe a Buenos Aires para esta semana, desprazarase o sábado e o domingo a Santiago e a Valparaíso, cidades nas que reside a maior parte da colectividade galega en Chile.

Fuentes da secretaría xeral indicaron onte que o departamento mantén contactos cos catro centros galegos que hai en Chile, aínda que matizaron que as comunicacións están a ser complicadas.

A Lareira Galega de Chile enviou o luns pola tarde á Xunta un correo electrónico no que os seus responsables afirmaban que, ata o momento, non se tiña noticia de que ningún galego resultase afectado polo terremoto.

Emigración atópase en contacto permanente co cónsul español en Santiago de Chile, Víctor Luis Fagilde.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas