GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

"Coa crise moita xente opta de novo por emigrar ao estranxeiro"

(12/03/2010)

"Coa crise moita xente opta de novo por emigrar ao estranxeiro"
A fundación, con sede en Nova York, conta con 11 voluntarios



Jorge Baliña, fundador de la Wellbeing Foundation.

 

Jorge Baliña, fundador da Wellbeing Foundation. Iñaki Abella

Naceu en Monforte de Lemos no ano 1967 aínda que actualmente reside en Vilagarcía coa súa familia aínda que é difícil atopalo na capital arousá debido á súa axitada axenda de viaxes e visitas internacionais. Vinculado durante anos ás Nacións Unidas e membro do Club de Leóns, ademais doutras entidades, pon en marcha agora un novo proxecto en Estados Unidos coa idea de axudar á comunidade emigrante.
FÁTIMA FRIEIRO - VILAGARCÍA Jorge Baliña (1967) demostrou que o seu é a cooperación internacional e a axuda aos máis necesitados. Logo de traballar como asesor de seguridade da ONU e de viaxar por todo o mundo e coñecer de cerca conflitos internacionais como o de Timor volve coas forzas renovadas para crear a Wellbeing Foundation, unha entidade sen ánimo de lucro con sede en Nova York. 

Como xorde a idea de levar a cabo esta iniciativa? 

- Estamos empezando e aínda nos queda moito camiño, pero nestes momentos a nosa labor fundamental é a de asesorar e servir de correa de transmisión entre distintas organizacións gobernamentais para que todos aqueles emigrantes que se vexan nun país que non é o seu non se sintan perdidos en caso de verse necesitados. É dicir, informar aos que nolo pidan sobre a existencia dunha ou outra entidade e diversificar as posibilidades de cada unha delas. Algo así ocorre xa en Vilagarcía onde entidades como Cruz Vermella ou o Club de Leóns repártense o traballo para chegar ao maior número de persoas e que ninguén quede sen nada. Nós imos servir de primeiro punto de inflexión, pero tendo como público obxectivo á comunidade emigrante. 

Cales son entón os primeiros pasos que se van a dar? 

- Somos 11 voluntarios que seremos os encargados tanto de confeccionar a páxina web como de atender telefonicamente a chamada daqueles que queiran consultarnos. Así imos empezar. Temos sede en Chester (Nova York) pero a nosa intención é aproveitar ao máximo as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías e evitar así ter que investir en oficinas e destinar ese diñeiro a axudas máis concretas. Unha vez que consigamos colaboradores en países de todo o mundo todo o proceso vai máis rápido. O noso obxectivo é poder ata ofrecer axudas económicas concretas e bolsas, por exemplo. 

Era necesaria a creación dunha fundación deste tipo na actualidade? 

- Está claro que si, sobre todo tendo en conta a crise económica mundial na que estamos. Non cabe dúbida de que en momentos como este moita xente opta por emigrar ao estranxeiro como vía de escape a unha falta de oportunidades laborais no seu país. Ás veces vaise por un soldo un pouco máis alto e cando se chega alí dáse conta de que o nivel de vida non é o mesmo e o que está gañando en Estados Unidos pode ser, ao cambio, o que podería gañar en Vigo. Pero iso pasou sempre e seguirá ocorrendo. Aínda así, nós queremos estar aí para servir de apoio, para informarlles tanto para o propio emigrante como para conseguir o benestar da súa familia. 

- Para levar a cabo todos os seus obxectivos é necesario contar co apoio de distintas administracións... 

- Si e por iso desde este mesmo momento imos manter reunións e encontros con responsables non só de entidades sociais coas que xa traballei noutras ocasións, senón tamén con administracións concretas coa idea de buscar apoio e financiamento. O noso ámbito de actuación é moi amplo e por iso os nosos colaboradores deben ser de índole diferente. 

- E é que aparte de incidir na emigración por causas económicas tamén existen outros modelos como o social ou o político... 

- Si e tamén as contemplamos no noso ámbito de actuación, sobre todo cando se refire a persoas procedentes de países en vías de desenvolvemento. De feito, tamén imos dedicar un esforzo importante a mulleres que ven obrigadas a prostituírse para sobrevivir. No horizonte tamén están outras propostas concretas que aínda estamos perfilando, pero que serían de axuda concreta á infancia que é un dos focos que me preocupa moito.
Estaremos aí, intentando contar co apoio de organizacións coas que xa traballei antes e que sei que non me van a fallar nesta iniciativa. Ademais, o noso punto de mira está tamén en conseguir o maior número de voluntarios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas