GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

CARBALLO O primeiro encontro comarcal de emigrantes retornados de Suíza será o 30 de maio

(26/03/2010)

CARBALLO O primeiro encontro comarcal de emigrantes retornados de Suíza será o 30 de maio

Un restaurante de Bértoa acollerá a comida cun máximo de 280 asistentes

Autor:
La Voz
Data de publicación:
25/3/2010

O primeiro encontro comarcal de emigrantes retornados de Suíza celebrarase en Carballo o vindeiro domingo 30 de maio. En concreto, no restaurante Casa Pombo de Bértoa.

A data e os detalles foron anunciados onte en Voces de Bergantiños, de Radio Voz, por dúas dos tres organizadores do acto, Francisco Areosa, de Carballo , e Ramón Varela, da Laracha. Os dous foron presidentes do Centro Galego de Berna, a capital suíza. Xunto a eles está Manuel Queaires, ex vicepresidente da mesma entidade. A eles sucedéronlles á fronte do centro outros emigrantes da zona: non é nada estraño, pois o raro é atopar unha entidade galega en Suíza que non teña nos seus postos directivos a algún veciño da Costa da Morte, un dos moitos índices que poñen de manifesto a elevada presenza da zona en todos os cantóns.

Sobre esta e outras circunstancias que teñen máis que ver coa memoria persoal dos protagonistas (o traballo, os longos desprazamentos) falaron onte en Radio Voz Areosa e Varela. E explicaron ademais o sentido deste encontro, porque é ese, e non outro, o sentido que lle queren dar: «É un encontro para falar e comer, e lembrar cousas. Non queremos que sexa outra cousa, por iso non poñemos baile», explicou Varela.

Xurdiu das circunstancias do día a día. Un e outros se ían vendo en enterros, funerais, feiras, e sempre se expuñan facer algo. E decidieronque era hora. Como é a primeira vez, non saben cal será a resposta. En todo caso, non poderá exceder das 280 prazas do restaurante. Interese por asistir si que notaron. Previsto para todos os que traballen en Berna, arredores e resto do país, tamén poden asistir doutros países se o fan como acompañantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas