GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A crise pecha a porta á inmigración: os permisos de traballo descenden un 60%

(05/04/2010)

A crise pecha a porta á inmigración: os permisos de traballo descenden un 60%
Publicado o 02-04-2010 , por Expansión.com

As autorizacións de traballo concedidas a inmigrantes reducíronse entre xaneiro e setembro de 2009 un 57,3% en comparación co mesmo período do ano anterior, segundo datos do Ministerio de Traballo e Inmigración recollidos por Servimedia.


En total, entre xaneiro e setembro, último mes do que Traballo ten datos, outorgáronse 275.727 autorizacións a estranxeiros, fronte ás 646.276 rexistradas no mesmo período de 2008. Destas, 224.813 concedéronse a persoas que atoparon un emprego por conta allea e 4.542 a inmigrantes que se deron de alta como autónomos.

As 65.681 autorizacións restantes outorgáronse a estranxeiros por razóns de arraigamento ou por outros motivos, como unha estancia por estudos, por ser fillo ou cónxuxe dun inmigrantes reagrupado, ou por ter residencia por circunstancias excepcionais, entre outros.

A ampla maioría das autorizacións a estranxeiros que atoparon un emprego (o 70,9%) son renovacións dos permisos que xa estaban en vigor, mentres que só 14.606 (o 5,3%) foron altas iniciais.

O sector servizos foi no que máis autorizacións rexistrou, cun total de 72.521 permisos. A continuación situáronse a construción, con 17.217 autorizacións, e as actividades agrarias, con 13.174. En canto aos resultados en función da nacionalidade do traballador, os máis numerosos son os procedentes de América Central e do Sur, cun total de 164.139 persoas. Pola súa banda, 68.978 foron inmigrantes africanos, 30.949 asiáticos, 11.147 europeos, 584 de América do Norte e 55 de Oceanía.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas