Feijóo urxe a implantar o voto emigrante en urna e o voto por correo rogado
(09/04/2010)
Feijóo urxe a implantar o voto emigrante en urna e o voto por correo rogado
08/04/2010 - AGN
O ''mínimo irrenunciable'' que se ha de implantar en materia de voto emigrante é a esixencia de que o sufraxio emita de forma ''presencial en urna'' e de que ''o voto por correo sexa sempre rogado''. Así o considera o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen urxiu a implantar estas reformas ''fundamentais'' antes de que se celebren outros comicios.
Ao ser preguntado sobre os cambios que se están estudando no Congreso dos Deputados, o dirixente autonómico apuntou estas dúas propostas como prioritarias e urxentes. A partir de aí, aseverou, ''paréceme razoable que se faga unha reflexión sobre a posibilidade de votar a alcaldes e municipios que non se coñecen''. Tamén, no referente ás comunidades autónomas e o propio Estado.
Segundo Feijóo, a situación do voto emigrante é ''unha materia pendente da democracia española'' e defendeu ''un novo modelo de voto exterior''. Así, asegurou que non pode volver darse un caso no que ''case'' o presidente do Goberno galego ''se decide en sacas de correos'' que chegan desde o exterior.
En todo caso, rehusó pronunciarse sobre unha idea que se baralla de limitar a participación da emigración ao Senado. ''Eu pronunciareime cando haxa unha proposta'', explicou o dirixente autonómico, quen acusou ao PSOE de aplicar ''unha dobre linguaxe'' neste tema. ''Dicir que se propón a limitación do voto emigrante e criticar a limitación'' é o que, ao seu entender, están facendo os socialistas neste momento.
ACTIVIDADES
| L | M | Me | X | V | S | D | | | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | | | | | | | | | |
|
AREA DE TÉCNICOS