GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro Galego de Inmigración critica a supresión de subvencións para cursos de formación

(15/04/2010)

O Foro Galego de Inmigración critica a supresión de subvencións para cursos de formación

Autor:
M.M.
Data de publicación:
15/4/2010

O Foro Galego de Inmigración, que agrupa a 80 asociacións e entidades de toda Galicia, fixo un balance crítico da política de inmigración da Xunta de Galicia. Miguel Fernández, portavoz, dixo que «tras varios intentos» o secretario xeral de Emigración non recibe ao colectivo, a pesar de ser o grupo máis representativo deste colectivo en Galicia.

Denuncian que a Xunta abandonou o Plan Autonómico de Inmigración, que «xa desenvolvera pouco ou goberno anterior» e indicou que, na actual situación, «case desapareceu».

Tampouco se mostraron satisfeitos co programa de mediación intercultural, xa que tan só conta cunha persoa dunha asistencia técnica, que traballa na mesma secretaría. Acusan á Xunta de modificar o funcionamento do Consello Galego de Inmigración, excluíndo das comisións de traballo ás persoas que manifestaron as críticas.

Doutra banda, a decisión da Xunta de modificar o sistema para impartir cursos de formación para inmigrantes está a carrexar unha infinidade de problemas. Retiráronse as subvencións que recibían as asociacións para este fin e, a cambio, a Xunta propón os cursos que ofrecen empresas privadas. Aseguraron que a oferta non responde ás necesidades do colectivo e que as academias que ofrecen os cursos non teñen contacto cos inmigrantes, polo que teñen dificultades para facer chegar a oferta.

Fondo de apoio

Pola súa banda, o PP esixe ao Goberno que manteña o Fondo de apoio para a integración de inmigrantes. María Jesús Sainz denunciou que se reduciu nun 65% e que Galicia recibirá 2 millóns de euros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas