GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O voto emigrante

(22/04/2010)

O voto emigrante
Jesús Parga
O voto emigrante está, de novo, no primeiro plano da actualidade. Todos os partidos políticos, cando ostentan o poder, defenden o dereito dos emigrantes a votar. E en todas as eleccións. Cando están na oposición consideran que o voto da emigración non é transparente, polo que debe modificarse o sistema. Ata, algúns pensan que non deben participar en todas as eleccións.

Están pasando os anos e o tema, no canto de mellorar, empeora: Todos critican o sistema, pero o utilizan. Agora, se é verdade o que din que pensan, é o momento de remedialo. A participación dos emigrantes nos diferentes procesos electorais non satisfai a ninguén, aínda que algúns sexan máis remisos que outros a realizar os cambios necesarios para evitar que, non o voto do emigrante, senón o seu sistema de votación, desprestixie a democracia.

En primeiro lugar, xa que logo, os partidos políticos maioritarios (PP e PSOE) deben porse de acordo para determinar quen deben votar. Agora, segundo a lexislación vixente, todos os incluídos no CERA teñen os mesmos dereitos electorais que os demais españois. Non importa que coñezan a terra onde naceron ou non; que teñan os seus aforros en entidades da comunidade ou de fóra dela. O feito de estar censados é o seu salvoconducto. É urxente que o censo reflicta a realidade.

En segundo lugar, as citadas forzas políticas deben considerar en que votacións deben participar. As opinións son dispares. Pero hai que unificar criterios, por máis que os propios emigrantes sentan discriminados. Que unha infinidade de residentes ausentes participe en todas as votacións que se convoquen non deixa de ser anómalo. Que participen nunhas xenerais, ben sexa ao Senado ou ao Parlamento ou ambas á vez, sería desexable. Pero, que o seu voto sexa capaz de cambiar o destino dun concello ou comunidade autónoma, que non coñecen, resulta preocupante.

En terceiro e último lugar, tanto PP como PSOE teñen que coincidir no sistema a empregar; se a votación debe realizarse en urna ou por correo, previamente solicitado. É máis importante regular a limpeza e transparencia da votación que do voto mesmo. Polo ben da democracia e o prestixio da emigración é urxente reformar o censo, cambiar o método e determinar as eleccións en que deben participar. O demais, boas palabras. Enredos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas