(29/04/2010)
A Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración avoga pola loita diaria a favor da non discriminación
Efe
A Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración avogou polo compromiso e a loita diaria a favor da eliminación de todas as formas de discriminación, e subliña que non hai que esquecer que o dereito á non discriminación é un dereito fundamental garantido pola Constitución.
Con motivo da conmemoración mañá do Día Internacional contra a Discriminación Racial, a citada Secretaría de Estado sinala que non quere que a repulsa contra todo acto de discriminaciónc se faga patente só con ocasión da celebración desta efeméride, "senón que avoga polo compromiso e a loita diaria a favor da eliminación de todas as formas de discriminación".
"Consideramos que expresando a nosa reprobación cara a calquera manifestación racista, as Administracións Públicas, as Organizacións Sociais e todos os cidadáns e cidadás estamos xogando un papel fundamental e activo na formación dunha sociedade futura máis xusta e cohesionada", indica nun comunicado difundido hoxe.
Neste sentido, sinala que desde o Goberno un dos retos en políticas migratorias ten que seguir sendo a integración das persoas estranxeiras que residen en España "e que se converteron en protagonistas dunha nova realidade social".
"Queremos que a celebración deste día sirva para que manteñamos unha actitude permanente de rexeitamento e alerta ante calquera tipo de discriminación", conclúe.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas