(04/05/2010)
O Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior -o máximo órgano de representación da diáspora- abordará na súa reunión do 7 de xuño a reforma electoral e que postura ha de mostrar ante ela. Francisco Ruiz, presidente do organismo, indicou onte que desde todas as asociacións da emigración «non se acerta a entender como os partidos en lugar de fomentar o voto pretenden recortalo».
O líder da cidadanía española no exterior avoga pola adopción de medidas que garantan a limpeza do voto desde o estranxeiro, «pero iso non obriga a limitalo», matiza. «Estamos moi inquedos e indignados ante a criminalización que se pretende facer da emigración, que en moitos casos segue pagando impostos, contribuíndo ao desenvolvemento dos seus pobos de orixe e con iso mantendo o seu vínculo de veciñanza», engade. Francisco Ruiz rexeita tanto o voto rogado como calquera forma de exclusión.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas