GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Instituto da Muller impulsa a 'visibilización' da muller emigrante e retornada

(12/05/2010)

O Instituto da Muller impulsa a 'visibilización' da muller emigrante e retornada

A directora xeral, Laura Seara, explicou no encontro de Madrid que para iso se está realizando un estudo sobre a emigración feminina e unha exposición itinerante

H.D. - Madrid - 12-05-2010

A directora xeral do Instituto da Muller, Laura Seara, prometeuno na súa toma de posesión: a muller emigrante sería unha das súas prioridades de traballo. Presidindo o acto de clausura do encontro de mulleres emigrantes e retornadas que tivo lugar en Madrid falou da necesidade de 'visibilizar' ás mulleres que sempre traballaron na rede asociativa e explicou que se encargou un estudo sobre a situación actual da muller emigrante ademais dunha exposición itinerante que servirá como punto de inicio dun debate máis profundo nos países que percorra.
Laura Seara, en primer término, durante el encuentro con Sonia Torre e Isabel García.

Laura Seara, en primeiro termo, durante o encontro con Sonia Torre e Isabel García.
Laura Seara escoitou ás emigrantes e retornadas que participaron no encontro organizado en Madrid pola Coordinadora Europea de Asociacións de Emigrantes e fixo súas as súas peticións, fundamentadas sobre todo na necesidade de formación, información e investigación. O Instituto da Muller, quen colaborou co encontro, segundo anunciou a súa directora xeral xa puxo en marcha dúas iniciativas: unha, un estudo actualizado sobre a situación da muller emigrante, e outra, unha exposición itinerante que buscará ser o punto de partida dun debate máis intenso. Laura Seara recordou ás presentes o seu importante papel no nacemento e mantemento do movemento asociativo e instounas a seguir traballando nel, pero sendo máis visible o seu papel e animounas a participar activamente nos postos de decisións

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas