(24/05/2010)
O censo da emigración aumentou un 10% desde 2008
Axencias - 23-05-2010
Mentres o Congreso ultima unha reforma do sistema electoral para aplicar o principio de veciñanza ás eleccións municipais e, deste xeito, restrinxir a participación dos emigrantes, o Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) segue crecendo. En Galicia, o seu aumento case alcanza o 10 por cento (9,89%) con respecto á última cita coas urnas para definir as corporacións locais.
De feito, os grupos traballan, tal e como explicaron deputados de PSOE, PP e BNG, coa previsión de que esta limitación poida estar implantada en 2011. A participación da diáspora, en principio, non se verá afectada de face aos comicios autonómicos e xerais, debido, en parte, á presión das agrupacións emigrantes en Suramérica e Suíza.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas