GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia Emigrante. Prensa e radio no exilio galego.

(15/06/2010)

Galicia Emigrante. Prensa e radio no exilio galego.



A audición e a revista Galicia Emigrante, promovidas polo intelectual e activista político Luís Seoane durante o seu exilio en Bos Aires, poden considerarse como a primeira experiencia multimedia da comunicación galega. Así o testemuña o historiador e xornalista Jesús J. Branco Rosas, na súa obra "Galicia Emigrante. Prensa e radio no exilio galego", unha investigación histórica que analiza de forma pormenorizada os diferentes achegues desta iniciativa comunicativa de carácter pioneiro.

A investigación de Jesús Branco destaca como, tras exiliarse en Bos Aires en 1936 para fuxir da persecución do réxime de Franco, o galeguista Luís Seoane comezou a explorar as posibilidades expresivas da radio e a prensa da emigración. No seu labor decidiu ir máis aló do carácter divulgativo e de nexo integrador ao servizo da colectividade que desempeñaban estes medios para desarrrollar tamén as súas posibilidades como instrumento didáctico e de toma de conciencia política. A expresión máis lograda desa concepción mediática tivo a súa plasmación na posta en funcionamento da audición e a revista Galicia Emigrante na década dos 50. A singularidade desta experiencia vén dada non só pola alta calidade que caracterizou a ambos os medios, senón sobre todo pola orixinalidade e o carácter pioneiro que representou o seu funcionamento como unha experiencia comunicativa única pero desenvolvida sobre dous soportes diferentes.




Análise detallada.
Como consecuencia desa bicefalia, para aproximarse a unha análise histórica o autor tivo que afrontar unha análise da audición e a revista Galicia Emigrante, que comprende ademais da súa evolución histórica, aspectos tan representativos como o seu funcionamento interno, financiamento, difusión entre o público, visión da emigración e a liña política e ideolóxica na que se moven ambos os medios. En opinión do autor, estas achegas permiten presentar a primeira análise histórica en profundidade sobre os medios máis emblemáticos que Seoane dirixiu. Presentando así unha visión coherente e exhaustiva da audición e a revista de Seoane así como do papel que desempeñaron durante o Exilio, tanto entre a colectividade emigrada como entre os galegos da metrópoli, avaliando ademais a súa transcendencia posterior para a sociedade galega actual.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas