GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta presenta opcións de retorno para emigrantes

(21/06/2010)

A Xunta presenta opcións de retorno para emigrantes

Preséntanse os requisitos legais --trámites consulares, inscricións e certificados--, os incentivos e as axudas ás que optarían se decidisen regresar a Galicia

EUROPA PRESS Mar do Prata acolleu este fin de semana a primeira das catro conferencias-taller que se celebrarán estes días en Arxentina e Uruguai, e nas que a Xunta dará a coñecer as opcións de retorno a Galicia que teñen os emigrantes galegos e os seus familiares.

José Otero, responsable do programa de mediación intercultural da Administración autonómica, achegouse ata o centro galego de Mar do Prata para presentar aos asistentes os requisitos legais --trámites consulares, inscricións e certificados--, os incentivos e as axudas ás que optarían se decidisen regresar a Galicia.

Neste último apartado, destacou a convocatoria --aberta desde abril a setembro-- de subvencións para atender situacións de necesidade e precariedade económica. A contía é variable e establécese segundo as características de cada caso concreto.

Otero estivo acompañado polo presidente da entidade, Francisco Solla, quen agradeceu ao Executivo galego elixir esta localidade como un dos puntos onde realizar as charlas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas