GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

En Lugo hai máis de 5.000 inmigrantes extracomunitarios, segundo a Xunta de Galicia

(08/07/2010)

En Lugo hai máis de 5.000 inmigrantes extracomunitarios, segundo a Xunta de Galicia

Autor:
E.G.S.
Localidade:
lugo/a voz.
Data
8/7/2010

En Lugo hai máis de cinco mil inmigrantes extracomunitarios (no conxunto de Galicia, 106.000), segundo o secretario xeral de Emigración da Xunta, José Santiago Camba Bouzas. Onte asinou un convenio co alcalde, José López Orozco, polo que se financia con 52.000 euros unha unidade de información, orientación e inserción sociolaboral de emigrantes residentes na capital lucense.

Da citada cantidade, a Xunta achega 35.000 euros e o resto pono o Concello. O alcalde recordou que o Concello ten en marcha distintos programas para a integración de inmigrantes. Aludiu aos cursos que se imparten no CEI, así como os de español para estranxeiros e a creación dun campo de béisbol como espazo para a integración.

Pola súa banda, Camba Bouzas recordou que Galicia foi país de emigrantes e dixo que é de ben nacidos ser agradecidos. Destacou o traballo que realizan neste terreo os concellos e declarouse municipalista convencido.

Adxudicación

A mesa municipal de contratación adxudicou en 122.000 euros a conexión con fibra óptica dos centros sociais e culturais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas