GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Arxentina celebra o centenario do nacemento de Luís Seoane cunhas xornadas culturais

(10/09/2010)

Arxentina celebra o centenario do nacemento de Luís Seoane cunhas xornadas culturais
As actividades realizaranse na Casa da Cultura entre os días 22 e 23 de setembro.


Fai cen anos nacía en Bos Aires, un dos maiores símbolos da arte galega do século XX. Luís Seoane, fillo de emigrantes galegos, está considerado como un artista cosmopolita que realizou unha achega persoal á modernización cultural do país, á vez que dinamizou a produción cultural galega.

Deste xeito a Casa da Cultura e o Fondo Nacional das Artes de Bos Aires réndenlle unha homenaxe no centenario do seu nacemento con dúas xornadas sobre a súa persoa e a súa arte.

A programación arrinca o día 22 de setembro na Casa da Cultura cunha charla a cargo de Fernando Devoto titulada Entre dous mundos:Luís Seoane, o exilio galego e as culturas antifascistas.

Tamén formarán parte da programación mesas redondas que abordarán temas como Seoane e a renovación da prensa galega dos anos 40 e a Memoria e escritura. Representacións da emigración na poesía de Luís Seoane.

Tras a celebración destes actos, chegará a sesión de clausura, o xoves 23, cunha conferencia a cargo do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, sobre os Proxectos de Luís Seoane para Galicia.
 
 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas