GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo resalta a convivencia, o inconformismo e a cooperación como valores fundamentais dos galegos no exterior

(04/10/2010)

Feijóo resalta a convivencia, o inconformismo e a cooperación como valores fundamentais dos galegos no exterior

O xefe do Executivo galego presidiu a celebración da Festa do San Froilán en Barcelona

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou a súa intervención na Festa do San Froilán en Barcelona para lembrar os valores do pobo galego nas súas migracións, que fixeron destas “unha lección elocuente que nos guía cara a convivencia, cara ao inconformismo e cara a cooperación”.

Neste sentido, Feijóo subliñou o papel desempeñado por moitos homes e mulleres que “soñaron e anhelaron Galicia desde a distancia”, facendo súa unha “mestura complexa entre o idealismo que mantén intacto o vínculo coa terra de partida e o pragmatismo que fai posible a plena integración na terra de chegada”.

“O pobo galego nunca esquece as súas orixes pero, a diferenza desa utopía que fala dunha Galicia pechada en si mesma, a realidade o rebate e amosa un desexo permanente de ampliar espazos e unha capacidade abrumadora para compartir identidades”, afondou.

Así, o presidente galego resaltou que tanto en “Arxentina, como en Brasil, Suíza, Euskadi ou Cataluña os galegos conquistaron e se deixaron conquistar”. “Ningunha estratexia diplomática sería capaz de superar o exemplo que deron estes os galegos no mundo”, incidiu.

Nesta liña, Feijóo resaltou que “calquera galego que chegara a Cataluña na posguerra podería ter caído no illamento propio de quen aterreza en terra allea; pero non o fixo”. Ademais, proseguiu, “nun tempo de dificultades e sen grandes perspectivas de futuro, tamén eludiu a resignación ou o fatalismo; e en lugar da división, escolleu cooperar cos que deixara atrás e cos que se encontrou en terras catalás”. “Cal é a razón”? –concluíu, “a ilusión colectiva por reivindicar o galeguismo alí onde faga falla e da única forma que sabemos facer os galegos: sen ferir”.

A historia
A festa do San Froilán, nacida en torno á festividade de dito santo -5 de outubro- celébrase en Lugo desde a Idade Media, configurándose nas últimas décadas como a máis populosa e importante da comunidade autónoma. Desde fai quince anos expandiu a súa celebración a Barcelona grazas á iniciativa dos empresarios galegos Manuel Fouces, Ramón Rey e Domingo Díaz, que decidiron comezar esta tradición na Cidade Condal a raíz da Copa del Rey acadada polo Deportivo no ano 1995. Hoxe, os festexos sitúanse entre os máis salientables da capital catalá tras a festividade da Mercé.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas