GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A colonia galega de Brasil aposta pola continuidade

(05/10/2010)

A colonia galega de Brasil aposta pola continuidade

Felicítase polo gran momento que vive o país e cre que pode volver recibir a máis emigrantes

Autor:
A. Lezcano González | S. especial
Localidade:
río/a voz.
Data
3/10/2010

Cambiaron Santa Comba por Copacabana ou Val do Dubra por Botafogo. Viron pasar ditaduras, crises, hiperinflaciones e, nos últimos anos, un ciclo inédito de crecemento e, segundo concordan todos, de «estabilidade». O termo lévaos a pensar que o mellor xeito de continuar co cambio brasileiro é precisamente a continuidade no proceso, o que, curiosamente, non quere dicir que teña que gañar Dilma Rousseff.

«A situación actual resulta das políticas económicas de hai quince anos, non só dos últimos oito. Brasil crece e seguirá crecendo», di Antonio Carlos Carballo, un corentón con pais de Vimianzo e Mazaricos que leva menos dun ano como presidente da Casa de España de Río de Janeiro.

Hai aproximadamente uns 60.000 galegos en Brasil, terceiro destino da emigración en América Latina, e deles, unha boa porción reúnense na Casa de España carioca, composta «nun 90%» por galegos. Os nados en Galicia gozan do centro de maiores e o lecer. A segunda xeración, mentres, toma as rendas dunha colectividade moi activa coa contorna.

Un bo exemplo do seu empuxe é a forma en que encararon o alude que levou unha parte do edificio da Casa de España e bens por valor dun millón de euros. O lema é empuxar e non parar. Sábeo ben o propio Antonio Carlos Carballo, tenente coronel da Policía Militar de Río. Ten ao seu cargo as comisarías de oito barrios onde viven 250.000 persoas. Moitas delas votarán e el será o encargado de velar pola normalidade: «Este fin de semana é moi especial porque temos que garantir a democracia», di.

Parece sinxelo a estas alturas, pero non tanto se se pensa nos niveis de corrupción e de violencia, que os galegos seguen tendo como punto fraco dun país en alza. Jesús Calviño, vicepresidente da entidade, di que a seguridade está entre os grandes desafíos do país, «como tamén a educación, porque Brasil ten todo para triunfar pero falta man de obra cualificada». É tal a demanda laboral da locomotora brasileira que os galegos non descartan que o país se poida converter de novo en receptor de emigrantes europeos.

«Non sería desatinado pensar algo así», di Carballo. «Os prognósticos son moi bos e ademais teñen un suposto punto álxido cos eventos deportivos do 2014 e 2016», engade Calviño, dono de tres restaurantes e socio dun hotel. Tanto un como outro votan hoxe por un novo presidente, a diferenza dos seus pais e a maioría dos galegos, que non teñen nacionalidade brasileira e non poden. E din que votarán por que todo siga como estes anos, así, en neutro. «Hai que ser optimista: temos os hoteis e os restaurantes cheos».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas