(08/11/2010)
España necesitará 4 millóns de inmigrantes en 2034
A polémica ao redor da inmigración é común nas economías en crises. No caso do desastre financeiro iniciada en 2008, o debate trasládase ás economías desenvolvidas como os Estados Unidos e a Unión Europea.
Un recente estudo da Fundación CeiMigra demostra que España non poderá prescindir dos inmigrantes se desexa manter os beneficios sociais de retiro e saúde. As perspectivas para 2034 dan unha poboación estimada de 11,1 millóns de traballadores activos, mentres a cantidade de pensionados aos que se financiará elevarase ata os 15,3 millóns.
De acordo coa investigación, unha redución na chegada de estranxeiros produciría unha mellora circunstancial dos valores de desemprego, pero traería aparellado problemas maiores. Os sistemas públicos de pensións e saúde necesitarán do achegue destes traballadores.
Ao mesmo tempo o informe destacou que só o 0,39% dos inmigrantes retorna ao seu lugar de orixe. Os traballadores estranxeiros prefiren quedar debido ao endebedamento, a compra de propiedades e bens, o desenvolvemento de lazos afectivos no país de destino e, sobre todo, polas dificultades para conseguir traballo no seu país de procedencia.
Segundo os datos solicitados pola análise, os beneficios serían mutuos. Os inmigrantes contribuirían co seu traballo a financiar as arcas públicas mentres recibirían ao mesmo tempo a posibilidade de obter un desenvolvemento persoal por encima do que poderían nos seus países de orixe.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas