GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Entregan os diplomas tras cursos formativos a 43 inmigrantes e emigrantes de Lalín e doce de Silleda

(12/11/2010)

Entregan os diplomas tras cursos formativos a 43 inmigrantes e emigrantes de Lalín e doce de Silleda
Localidade:
Lalín/La Voz.
Data de publicación:
12/11/2010
O Museo Ramón Aller de Lalín reuniu onte aos participantes en varios cursos de xardinería, alfabetización informática e recepcionista de hotel que recibiron os seus diplomas. Os cursos de formación estiveron organizados pola Fundación Galicia Emigración en colaboración co Concello de Lalín. Neles participaron 43 persoas, 39 inmigrantes e catro emigrantes retornados. Ao acto asistiron o director xerente da Fundación Galicia-Emigración, José Manuel Castelao Bragaña, Francisco Nóvoa, director da Academia Postal, Lalo Crespo, xerente do hotel Oca Katiuska, Francisco Belo, secretario de Xóvenes Agricultores e os edís Román Rodríguez, Paz Pérez Asorey, Nuria Rodríguez e Fe Cortizo. Ao termo do acto incorporábase o rexedor, José Crespo.

Castelao Bragaña destacou na súa intervención a súa condición de emigrante e a importancia de que o colectivo progrese na súa formación, á vez que lles desexaba sorte na súa procura de «paz, pan e traballo» nestas terras de Deza en calidade, como todo ser humano, «de peregrinos do mundo».

Pola súa banda, Román Rodríguez agradeceu aos presentes o seu esforzo e a súa participación nestas iniciativas e «por elixir Lalín para a vosa aventura». Paz Pérez Asorey, pola súa banda, destacou o seu desexo de «ser un pobo de acollida e devolver o que os nosos antepasados atopáronse na emigración» e destacou a colaboración e axuda brindada por Novoa, Lalo Crespo e Paco Belo.

En Silleda, foron doce os inmigrantes que recibiron os diplomas, nove mulleres e tres homes, logo de realizar un curso formativo de camareiros. Ao director da Fundación Galicia Emigración, acompañáronlle a directora de Programas, Vanesa Ucha; o director do Katiuska; e o responsable de Academia Postal. Tamén acudiu o responsable do PP en Silleda, José Antonio Pena. Algúns dos participantes no curso xa están traballando no propio hotel para reforzar os fins de semana.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas