GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A inmigración non poderá suplir o envellecemento en Europa, segundo OSCE e OIT

(17/12/2010)

A inmigración non poderá suplir o envellecemento en Europa, segundo OSCE e OIT

XENEBRA (EFE).- A inmigración, a pesar de que pode emendar carencias de man de obra, non pode suplir por completo o envellecemento en Europa, segundo a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) e a Organización Internacional do Traballo (OIT).

Nun informe divulgado hoxe, ambas as organizacións conclúen que no Vello Continente farían falta fluxos continuos duns 13 millóns de inmigrantes ao ano para manter equilibrado ata 2050 o número de anciáns e o número de persoas en idade de traballar.

O estudo, baseado nos compromisos asumidos polos 56 países membros da OSCE e lanzado con motivo do Día Internacional do Migrante, define ás remesas como "o principal beneficio da migración para os países de orixe".

"No espazo da OSCE, as remesas creceron de xeito considerable nos últimos anos, e en 2007 alcanzaron os 46.800 millóns de dólares (uns 35.300 millóns de euros)", subliña o documento.

Do total, a gran maioría dos envíos (42.600 millóns de dólares) provén de Estados Unidos, pero contrapón que "aínda que algúns países de orixe se benefician das remesas, a migración tamén pode implicar unha fuga de talentos".

Esta fuxida de capital humano "xera unha carencia de recursos humanos en áreas fundamentais e obstaculiza o progreso económico e das institucións sociais nos países menos desenvolvidos", resaltan a OSCE e a OIT.

Para ilustrar este exemplo, o informe cita a Albania, que perdeu un terzo da súa man de obra cualificada na década sucesiva ao colapso do comunismo, e a Ucraína, onde preto de 30 por cento dos científicos deixaron o país nos últimos dez anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas