GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Discriminar ao inmigrante 'non ten graza'

(28/01/2011)

Discriminar ao inmigrante 'non ten graza'

Efe | Madrid

 27/01/2011

'En realidade non ten graza' é o lema da campaña que lanzou este xoves Cruz Vermella na que, cun humor crítico, insta aos cidadáns e ás empresas a recoñecer a valía dos colectivos máis desfavorecidos coa promoción da xestión da diversidade cultural e a igualdade de trato.

Nesta ocasión, a organización decidiu utilizar o "humor intelixente" que hai en España como ferramenta para chegar mellor á sociedade e dun xeito que non "molestase a ninguén", segundo explicou no acto de presentación, o coordinador xeral de Cruz Vermella Española, Toni Bruel.

Para iso, contaron coa colaboración de seis humoristas gráficos como Mingote, Forges e Gallego&Rey  entre outros, quenes elaboraron unha serie de viñetas, que se publicarán en prensa, e que representan varias situacións de discriminación á que teñen que facer fronte cada día "moitas" persoas polo feito de ser inmigrante, ser maior ou ser muller.

Ademais das viñetas, a campaña conta cunha serie de cuñas radiofónicas nas que colaboraron rostros coñecidos como o humorista Florentino Fernández, a actriz Anabel Alonso ou o dúo Gomaespuma.

O humor, 'bo vehículo para contar cousas' 

A campaña foi cofinanciada pola Dirección Xeral de Integración dos Inmigrantes do Ministerio de Traballo e o Fondo Social Europeo. Durante o acto, que tivo lugar no museo ABC, e no que interveu a secretaria de Estado de Inmigración, Anna Terrón, proxectouse un vídeo no que algúns destes protagonistas recoñeceron o valor da campaña. 
Así, Juan Luís Cano, de Gomaespuma, defendeu o humor como "un bo vehículo para contar cousas", mentres que  Gallego & Rey explicaron que coa súa viñeta intentaron que os seus lectores reflexionen acerca de que a integración social é un traballo de todos. Para reflectir a discriminación que existe na actualidade, Cruz Vermella asegura que segundo o estudo World Values Survey de 2009, o 70% das empresas prefire ante a escaseza de postos, contratar a unha persoa autóctona.

Ademais, a Fundación para a Diversidade sinala que só o 5% das pequenas e medianas empresas españolas teñen algún grao de sensibilización co tema da diversidade. Todo iso, a pesar de que segundo datos do Instituto Europeo para a Xestión da Diversidade, o 83% das empresas na UE din que as políticas de Diversidade e Conciliación teñen un impacto positivo no negocio.

Pola súa banda, o coordinador de Cruz Vermella recoñeceu a dificultade que supón a crise á hora de que os cidadáns colaboren para axudar aos demais, pero insistiu en que non hai que deixar de pensar que hai xente "que está peor que nós".

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas