GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A hostalería aposta pola man de obra inmigrante e cualificada

(31/01/2011)

A hostalería aposta pola man de obra inmigrante e cualificada
UHO e Solidaridade entre Pobos cruzarán demandas de emprego e currículos

S.F. - OURENSE Os empresarios da hostalería ourensá asociados ao grupo UHO terán acceso directo ao currículo do colectivo de traballadores estranxeiros demandantes de emprego con experiencia ou formación nas competencias do sector. Así se recolle no convenio de colaboración asinado onte entre a asociación Solidaridade Entre Pobos (SEP) e Unión de Hostaleiros Ourensáns no que ambas as entidades comprométense a deseñar un programa que permita cruzar as demandas dos empresarios cos perfís dos posibles traballadores. O convenio inclúe os contratos en prácticas para mellorar a cualificación profesional dos empregados.
SEP e UHO acordaron tamén celebrar unhas xornadas de sensibilización empresarial sobre a xestión da diversidade cultural no seo da empresa, así como sesións de orientación e asesoramento para a contratación de estranxeiros.
O presidente da Unión de Hostaleiros Ourensáns, José Miguel Pérez, destacou onte o importante papel da inmigración como "provedora de efectivos laborais do sector turístico en pleno desenvolvemento económico". Tamén recordou que fai máis de cinco anos, a chegada da poboación inmigrante a Ourense "permitiu cubrir os graves déficit de man de obra que ameazaban con impedir o crecemento do sector".
Pola súa banda, o presidente de SEP, Xosé Ares, apostou pola formación e o emprego como instrumentos "previos e necesarios" para lograr a integración social dos inmigrantes. Este convenio, dixo, "permítenos coñecer mellor a demanda de competencias profesionais nun sector intensivo en man de obra.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas