GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro Galego de Inmigración alerta da ´persecución policial´ a este colectivo

(23/03/2011)

O Foro Galego de Inmigración alerta da ´persecución policial´ a este colectivo

Esixirá a Interior datos sobre identificacións e ordes de detención en Galicia en 2010


REDACCIÓN | SANTIAGO Discriminación, persecución policial e xenofobia. Estes son tres dos grandes perigos que axexan ao colectivo de inmigrantes en Galicia e sobre os que o Foro Galego de Inmigración e Esculca alertarán hoxe con motivo do Día Internacional contra a Discriminación e o Racismo. Aínda que ambas as organizacións levan meses alertando sobre a "persecución policial" que sofren os estranxeiros en Galicia, especialmente os sen papeis, sosteñen que o Ministerio do Interior négase "de forma sistemática" a facilitarlles datos relativos ás operacións de identificación a inmigrantes realizadas pola policía así como das detencións e ordes de expulsión derivadas das mesmas.

O Foro Galego de Inmigración denuncia o escurantismo do Goberno sobre uns datos que, di, "ofrecen de forma habitual a maioría dos países da UE". Por iso, hoxe presentarase ante a Delegación do Goberno na Coruña para rexistrar unha petición formal de información sobre o número de identificacións realizadas o ano pasado nas vías públicas e a cifra de expedientes sancionadores e de expulsión derivados das mesmas.

O Foro pretende demostrar así a "persecución policial" ao colectivo, "abonando o terreo para o brote de comportamentos racistas e xenófobos entre a poboación", un clima de "desconfianza" que acusan de alimentar ás administracións con "identificacións arbitrarias" e recorte de fondos e servizos aos inmigrantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas