GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España, no posto número oito de países que mellor integran aos inmigrantes

(25/03/2011)

España, no posto número oito de países que mellor integran aos inmigrantes

Segundo un informe do British Council e o Migration Policy Group

ESTEFANÍA MAGRO / MADRID
Día 24/03/2011 -
España es el octavo país que mejor trata a los inmigrantes

ABC Inmigrante marroquí no seu posto de traballo

España é o oitavo país que mellor integra aos inmigrantes segundo o estudo comparativo, realizado polo British Council e o Migration Policy Group. Unha boa posición nunha clasificación xeral de 31 países de Europa e América do Norte.

O noso país obtivo bos resultados no ranking de integración nos estranxeiros porque "todos os residentes, independentemente da súa nacionalidade, teñen as mesmas oportunidades legais para conseguir un emprego, e maiores garantías e dereitos laborais asociados a este", afirma o informe.

Desde que se elaborou a última edición en 2007, España, a pesar da crise que está atravesando, encabezou a lista en diversos aspectos como a integración económica e o acceso á vida familiar.

O obxectivo deste informe é comprobar se os gobernos conceden os mesmos dereitos, responsabilidades e oportunidades a todos os cidadáns, segundo as normas internacionais.

Pero, non todos foron bos resultados, xa que fallaron en materias como educación e nas facilidades para lograr a cidadanía.

Mobilidade no mercado laboral

Desde o 2007 a 2010, os inmigrantes tiveron un gran apoio no mercado laboral en dez países.

España ocupa o cuarto lugar na clasificación con 84 puntos; detrás de Suecia (100), Portugal (94) e os Países Baixos (85).

Os países máis consolidados en inmigración crearon axudas específicas para os estranxeiros.

Reagrupación familiar

O noso país sitúase en terceira posición, con 85 puntos; detrás de Portugal (91) e Canadá (89).

Segundo o informe, "os países (recentemente Grecia, Luxemburgo e España) proporcionan na actualidade dereitos básicos e seguridade na residencia".

Doutra banda, Bélxica, Portugal e Suecia pretenden incidir no salario ou a vivenda.

Residencia de longa duración

Os inmigrantes legais teñen o dereito a decidir se queren quedar a vivir de forma permanente no país adoptivo.

España ocuparía o segundo posto con 78 puntos, detrás de Bégica (79).

Educación

O informe recalca que "poucos sistemas educativos en Europa están adaptándose á realidade da inmigración", e considera que "os máis comprometidos serían Norteamérica, os países nórdicos e o Benelux".

España non está entre os dez, e suspende con 42 puntos; isto é así porque "as novas necesidades e oportunidades dos centros supón os principais desafíos aos que se enfrontan as Comunidades Autónomas españolas e a maioría dos países europeos", segundo este estudo.

Participación política

Os Estados crean oportunidades políticas, e permiten a participación na vida democrática; así, poden gozar das mesmas liberdades civís que os cidadáns nacionais.

España sitúase en duodécimo lugar, con tan só 56 puntos.

Acceso á nacionalidade

Os residentes estables queren ser un máis nese país. Para iso, deberon de vivir unha longa tempada no mesmo (mínimo sete anos). Ademais, teñen realizar un exame no que demostran que dominan o idioma á perfección.

Nesta matería, España suspende con 39 puntos, situándose en décimo sexta posición; e isto é así porque "necesita unha reforma".

Portugal (82), Suecia (79) e Canadá (74) lideran esta materia.

Antidiscriminación

O informe apunta que "onde máis protexidas atópanse as vítimas da discriminación é en Norteamérica e, dentro de Europa, no Reino Unido, Suecia, Bélxica e Francia".

España ocupa o 21 posto (49), porque se atopa lixeiramente menos preparada para loitar contra a discriminación que a media dos países europeos por mor da discriminación por nacionalidade e pola extrema debilidade dos seus organismos para a igualdade".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas