GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Deza. A zona suma 21.047 veciños noutro país e sobe un 4% nun ano

(28/04/2011)

A zona suma 21.047 veciños noutro país e sobe un 4% nun ano

A Estrada e Lalín ocupan o 3º e 4º posto provincial en emigrantes

Autor:
Montse García
Localidade:
lalín / a voz
Data de publicación:

A zona perde veciños asentados no seu territorio pero crece o número de empadroados noutros países. Os datos feitos públicos onte polo Instituto Nacional de Estatística contabilizan un total de 21.047 persoas da zona residentes no estranxeiro a 1 de xaneiro do 2011, o que supón 815 máis que as contabilizadas o ano anterior. É dicir, creceu un 4% o número de emigrantes.

O ránking por municipios en canto a poboación residente noutros países aparece copado nos tres primeiros postos polos que tamén teñen máis empadroados na zona: A Estrada, con 5.298; Lalín, con 4.842; e Silleda, con 2.940. No caso dos dous municipios cabeceira de comarca tamén son os con máis poboación emigrante da provincia de Pontevedra coas excepcións das dúas cidades, Vigo e Pontevedra.

O cuarto lugar por poboación emigrante é para Forcarei, con 2.214 veciños, cando ocupa o quinto posto de empadroados locais. Séguelle Rodeiro, con 1.767; e despois está Cruces, con 1.452 residentes noutro país. Esta última localidade ocupa o sexto lugar neste ránking cando a nivel zonal é o cuarto que máis veciños acumula. Tras Cruces, está Cerdedo, con 1.308 veciños; que supera a Agolada, que suma 682. Dozón é o último, con só 544.

O aumento é continuo en todas as localidades, segundo os datos do INE, nos tres últimos anos, o que fixo que se elevase o censo de residentes no estranxeiro en 1.275 neste período.

Por municipios, e respecto ao 2010, o maior aumento en número de residentes produciuse en Lalín, con 238 máis. Séguenlle A Estrada onde a alza foi de 149. Pola súa banda, en Silleda creceu en 92; en Rodeiro, en 72; en Forcarei, en 68; en Cerdedo, en 62; en Vila de Cruces, en 59; en Agolada, en 50; e, para rematar, Dozón, acumulou 25 máis que no ano 2010.

Os datos publicados onte polo INE non permiten coñecer, mentres non se publiquen os movementos de poboación, se se trata de veciños que se viron obrigados a emigrar a outro país no último ano ou ben se se trata de descendentes dos que xa se marcharon en exercicios anteriores e que manteñen o seu vínculo coas orixes familiares.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas