GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A ONU di ter probas de que a OTAN non auxiliou a un barco que naufragou con 600 libios a bordo

(11/05/2011)

A ONU di ter probas de que a OTAN non auxiliou a un barco que naufragou con 600 libios a bordo

10 may 2011

Nacións Unidas calcula que 750.000 persoas fuxiron de Libia e que centos de inmigrantes morreron afogados no Mediterráneo. O luns pola noite, 500 persoas faleceron cando a súa embarcación chocou contra as rocas. Doutros nunca chegamos a saber porque desaparecen no mar. Por iso hoxe a ONU pediu axuda para socorrelos.

Nacións Unidas confirmou que ten informes de que a OTAN non socorreu a unha embarcación que se afundiu ao pouco tempo de saír de Trípoli con ata 600 inmigrantes a bordo. Tamén investiga se negou axuda a outro barco que, como soubemos onte, navegaba cara a Italia con 60 persoas.

A OTAN insistiu hoxe en que ningún dos seus barcos viu inmigrantes á deriva. Tamén denunciou que é o propio Gadafi o que empuxa aos seus cidadáns a embarcar para presionar a Europa.

Mentres, o pleno do Parlamento Europeo acusou hoxe á Comisión de renderse a presións xenófobas por expor a reforma do Tratado de Schengen e intentar pór controis fronteirizos, como pediron Francia e Italia. O presidente da CE, José Manuel Durao Barroso, defendeuse dicindo que non se pretendía restrinxir o tráfico de inmigrantes, pero que a inmigración é un reto para Europa que require resposta solidaria de todos os países.

Para aliviar a traxedia que vive a poboación, a ONU pediu que paren as hostilidades en Libia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas