GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Camba esixe a Pin que convoque ás comunidades autónomas para coordinar actuacións en materia de emigración

(15/06/2011)

Camba esixe a Pin que convoque ás comunidades autónomas para coordinar actuacións en materia de emigración

 
 
mércores, 15.06.2011
  • A Xunta está disposta a realizar unha xuntanza en Galicia no caso de que o Goberno Central siga facendo deixación das súas funcións.


O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, ven de lembrar por carta á Directora Xeral da Cidadanía Española no Exterior do Ministerio de Trabajo e Inmigración, Pilar Pin, que debe convocar canto antes a comisión de coordinación das Comunidades Autónomas. No que vai de lexislatura nas Cortes, só houbo unha xuntanza.

A urxencia da misiva, e da convocatoria esixida, veñen condicionadas pola preocupación crecente dos emigrados galegos e españois, con “numerosas casuísticas, todas elas con nome, apelidos e rostro, coas que me atopo cada vez que visito países, fundamentalmente latinoamericanos (...) con importantes dificultades socioasistenciais, farmacéuticas ou sanitarias”, aclara Camba no seu escrito.

Camba tamén asegura que, ante a inacción do Goberno Central, “de non ser convocados en prazo razoable por esa Dirección Xeral, desde Galicia realizaremos a necesaria convocatoria para unha reunión de coordinación coas diferentes Comunidades Autónomas”. Segundo o secretario xeral, estas xuntanzas son fundamentais para que cada goberno autonómico leve a cabo políticas eficaces de axuda aos concidadáns no exterior, evitando duplicidades e optimizando a eficiencia nas actuacións.

Austeridade
O responsable galego de Emigración lembra que a optimización de recursos das distintas administracións é fundamental en tempos de crise, por canto “os orzamentos nesta, como noutras materias, cada vez son máis axustados”, lembra Camba á Directora Xeral, e engade que “en Galicia, é unha máxima que estamos levando a cabo con razoable éxito”.

Non é a primeira vez que a Xunta eleva a súa queixa ante o Goberno Central pola falta de sensibilidade e receptividade cara os requirimentos das Comunidades. Desde Emigración preferiuse agardar un tempo prudencial para que a xuntanza –sexa convocada polo Ministerio, ou ben pola propia Xunta- non interviñera no calendario electoral. Pero, unha vez pasadas as eleccións municipais, non existe escusa para seguir adiando a convocatoria.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas