GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago Camba anima á mocidade arxentina a participar “no presente das agrupacións dunha Galicia universal”

(29/06/2011)

Santiago Camba anima á mocidade arxentina a participar “no presente das agrupacións dunha Galicia universal”

 
 
martes, 28.06.2011
  • O Secretario da Emigración reuniuse cos mozos e mozas que participarán no Programa de Campamentos da Xunta de Galicia.

  • Chamounos a “espertar os sentidos a Galicia” e compartir a “galeguidade coa mocidade belga, venezolana ou brasileira” que tamén participan na viaxe.

  • En total, son 158 rapaces e rapazas arxentinos de entre 14 e 30 anos que viaxarán este verán a Galicia para coñecer a terra e a cultura dos seus devanceiros.


O Secretario Xeral da Emigración, Santiago Camba, animou á mocidade arxentina a “participar no presente” das entidades galegas que “é o que fai de Galicia un territorio sen fronteiras, unha Galicia Universal”.

O Secretario da Emigración presidiu a xuntanza preparatoria cos mozos e mozas participantes no programa de Campamentos e Campos de Traballo 2011 da Xunta de Galicia. O encontro celebrouse na Escola de Hostalería do Centro Galicia de Bos Aires e nel tamén participaron o presidente do Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén, o Delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, e tamén os pais e nais e familiares dos beneficiados e beneficiadas neste programa do Goberno galego.

Na xuntanza, Santiago Camba chamou a “espertar todos os sentidos” nesta viaxe que realizarán “á terra dos devanceiros” e no que terán ocasión de compartir “o sentimento común que definimos como galeguidade con mozos e mozas “belgas, venezolanos ou brasileiros”. “Con todos eles e elas compartides un mesmo sentimento de pertenza, máis aló do voso lugar habitual de residencia”, explicou.

Neste sentido, Santiago Camba engadiu que “a permanencia deste sentimento e das relacións existentes entre os galegos e galegas residentes no exterior e a Galicia territorial” fundaméntanse tamén no “indubidable e imprescindible apoio dos centros galegos repartidos por todo o mundo”. Así, instounos a “recoñecer a súa valía e actualizar o seu funcionamento e prestacións”. Camba propuxo á mocidade “xogar un papel fundamental” nestas institucións e “favorecer os procedementos necesarios para que pasedes de ser o futuro a situarvos como presente dos centros galegos”.

Para Camba estas viaxes de campamentos teñen “unha simboloxía moi especial” e asegurou que a Xunta de Galicia está a facer un importante esforzo para manter esta actividade. Camba comprometeuse a recibilos en Santiago de Compostela e amosouse aberto a todas as “propostas que os mozos e mozas queiran facerlle chegar como responsable da área de Emigración do Goberno galego”.

158 participantes de Arxentina nos Campamentos
O programa de actividades de campamentos e campos de traballo para o ano 2011 ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Poden participar nesta actividade os mozos e mozas descendentes de galegos, que teñan nacionalidade española e que teñan residencia habitual fóra da Comunidade Autónoma. Ademais, deberán estar inscritos nun concello galego no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) e ter a idade solicitada para cada modalidade.

Este ano viaxarán un total de 158 mozos e mozas desde Arxentina con esta convocatoria. 146 deles, de entre 14 e 20 anos, participarán na modalidade de Campamentos e os 12 restantes, de entre 18 e 30 anos de idade, desenvolverán actividades de arqueoloxía, animación sociocultural, social e ambiental na categoría de Campos de Traballo.

Na quenda do 1 ao 12 de xullo terá lugar a actividade “Galicia, verde e azul”, que busca achegar un mellor coñecemento do país. Nela participarán mozos e mozas de entre 14 e 17 anos que residirán seis días no campamento xuvenil Os Chacotes de Palas de Rei (Lugo) e outros seis días no albergue xuvenil de Gandario de Bergondo (A Coruña).

Na segunda quenda, do 17 ao 28 de xullo, desenvolveranse as actividades co nome de “Rotas coñece Galicia” para mozos e mozas de entre 14 e 20 anos baixo a modalidade de campamento itinerante.

Xa no caso dos Campos de Traballo, para mozos e mozas de 18 a 30 anos, realizaranse actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos para o mellor coñecemento da cultura, a mellora ambiental e recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico galego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas