GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os españois cobran un 40,7% máis que os estranxeiros

(18/07/2011)

Os españois cobran un 40,7% máis que os estranxeiros


J. V. - Madrid - 18/07/2011

Non hai mellor estatística que a do IRPF para coñecer o perfil dos inmigrantes que traballan en España. Os empregados españois gañan 23.065 euros brutos ao ano, un 40,7% máis que os estranxeiros, que cobran 16.391 euros de media. Iso indica que os empregos que ocupan os inmigrantes adoitan ser os peor retribuidos.

En calquera caso, 821.529 declarantes do IRPF en 2009 eran inmigrantes, un 7% menos que en exercicio anterior. Os contribuíntes españois de rendas do traballo ascenderon a 16,5 millóns e sufriron un descenso moito menor, do 0,5%. A destrución de emprego nos primeiros momentos da crise cebouse especialmente cos empregos de peor calidade. Os inmigrantes emprendedores que optaron por montar o seu propio negocio ou facerse autónomos, suman 1.500 contribuíntes.

Receo ante a inmigración

O último informe do Observatorio Español do Racismo e a Xenofobia, dependente do Ministerio de Traballo, mostra que catro de cada dez españois están a favor de expulsar aos inmigrantes que se atopan en situación de desemprego durante un longo período de tempo. Case o 80% opina que hai un número "excesivo ou "elevado" de estranxeiros en España.

O informe mostra que certos prexuízos foron interiorizados. Así, a maioría considera que os inmigrantes son o colectivo "máis protexido", que perciben máis do que achegan e que acaparan máis axudas que o resto. Ademais, culpan á inmigración da deterioración da calidade da atención sanitaria.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas