GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta eloxia a contribución e o éxito profesional dos galegos e galegas emigrados na celebración do Día de Galicia en Madrid

(22/07/2011)

A Xunta eloxia a contribución e o éxito profesional dos galegos e galegas emigrados na celebración do Día de Galicia en Madrid

 
 
venres, 22.07.2011
  • O Conselleiro de Presidencia participou na capital de España na entrega de diplomas a personalidades galegas que triunfaron na capital española.

  • Rueda destaca as achegas feitas dende Galicia para mellorar España, con modelos propios susceptibles de ser exportados ao resto do país.

  • É a primeira vez que dende a Casa de Galicia se entregan as distincións que tiveron lugar, que nacen coa vocación de inaugurar un camiño de recoñecemento á vinculación de persoas e entidades con esta Institución.


O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, participou onte na celebración en Madrid do Día de Galicia, onde destacou a contribución e o éxito profesional acadado polos galegos emigrados á capital de España, exemplificándoo nas personalidades que foron homenaxeadas no acto celebrado hoxe na Casa de Galicia en Madrid, no que tamén estivo o director da entidade e delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.

Concretamente foron recoñecidos o ex presidente da Xunta e fundador da Casa de Galicia, Manuel Fraga; o cardeal arcebispo de Madrid, Antonio María Rouco Varela; o ex ministro e ex presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría; e catro asociacións galegas en Madrid nas figuras dos seus dirixentes: o presidente da Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid, Julio Lage; o presidente da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid, Carlos Lema; o presidente da Asociación de Médicos Gallegos en Madrid, Francisco R. García; e o gran chanceler da Enxebre Orde da Vieira, Enrique Santín.

Rueda gabou a súa enorme aportación ao mundo da empresa, do dereito, da medicina e da política a nivel estatal e subliñou que ao longo dos anos Galicia ten contribuído cos mellores dos seus fillos ao benestar de España, con galegos que teñen marcado dende Madrid un antes e un despois nos seus ámbitos profesionais. Ademais, quixo recoñecer a contribución dos persoeiros homenaxeados de cara a manter o vínculo entre todos os galegos acollidos en Madrid.

O titular de Presidencia do Goberno galego tamén quixo facer fincapé nas aportacións que día a día fai Galicia para mellorar España, ideando e defendendo iniciativas e modelos susceptibles de ser exportados ao resto do país, en ámbitos tan relevantes como o empresarial, o sanitario ou o político.

Pola súa banda, Ónega, nas súas palabras de benvida, afirmou que "os galegos levamos imprimido na alma o amor á terra" e que "Galicia non é soa un país e unha terra, senón un sono, unha paixón, un constante renacer e retornar". Tamén que "é verdadeiramente incrible que o sono de Europa, agora tan castigada pola crise, nacese en Galicia”. Sinalou así mesmo que é a primeira vez que dende a Casa de Galicia se entregan as distincións que tiveron lugar, que nacen coa vocación de inaugurar un camiño de recoñecemento á vinculación de persoas e entidades con esta Institución.

Entre as personalidades que asistiron á celebración había destacados parlamentarios, maxistrados, xuristas, empresarios, médicos, profesores e directivos de asociacións e centros galegos na Comunidade de Madrid. O acto completouse coa actuación de dous destacados gaiteiros da Axencia Galega dás Industrias Culturais (Agadic) Xesús Vaamonde Manteiga e Xosé Lois Romero Cajigal os que, entre outras cousas, intepretaron o Himno Galego, seguido con emoción polos convidados ao acto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas