GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os autónomos inmigrantes apostan polo comercio e a hostalería

(21/09/2011)

Os autónomos inmigrantes apostan polo comercio e a hostalería

20/09/2011 

Os autónomos chineses seguen liderando a afiliación e xa representan o 17% do total de inmigrantes dados de alta no RETA.
Segundo un comunicado de UPTA España, o pasado mes de agosto 11.255 autónomos déronse de baixa na Seguridade Social. Os autónomos comunitarios tamén seguiron esa senda e cesaron no seu negocio 772 activos. Pero non fixeron o mesmo os extracomunitarios, que aumentaron a súa afiliación en 220 e xa case igualan a cifra de comunitarios. "Mentres que estes son 105.695, os autónomos extracomunitarios teñen a súa cifra en agosto en 102.591. Polo que o 49,25% dos inmigrantes dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social son extracomunitarios", informan desde a organización.

Os comunitarios baixan en todas as Comunidades Autónomas salvo no noroeste do país, destacando o aumento de Cataluña ( 141); mentres que os extracomunitarios soben en todas salvo en Baleares (-6), Comunidade Valenciana (-10), Madrid (-5) e Murcia (-12).

Por sectores de actividade, no último mes todos rexistran un aumento na afiliación, salvo a construción, que perde 659 afiliados estranxeiros, e a educación, que se deixa 360 activos o pasado mes. Pola súa banda, o comercio incrementa 280, o transporte mantense exactamente igual que o mes pasado e a hostalería sobe en 303 afiliados.

Os chineses seguen liderando a afiliación e suman xa 35.295, o que representa un incremento de 251 activos máis que en xullo, 31 afiliados máis que o aumento rexistrado polo total de afiliados extracomunitarios. O que representa o 17% do total de inmigrantes dados de alta no RETA. Os que seguen co seu descenso continuado son os cidadáns romaneses, máis concentrados no ámbito da construción, no último mes perderon 258 afiliados.

UPTA España asegura que "estes datos só veñen confirmar a necesidade de que o Plan Nacional para a Integración Social dos Inmigrantes profunde máis no fomento do autoemprego neste colectivo", reclamación que foi presentada á Secretaria de Estado de Emprego dentro do conxunto de medidas necesarias para fomentar o novo emprendimento no noso país. "O colectivo inmigrante ten unha especial capacidade para emprender novas actividades e ese potencial non pode ser desaproveitado como estratexia de crecemento", asegura Eduardo Abad Sabarís, coordinador nacional da área de Inmigración de UPTA España.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas