(30/09/2011)
Nova rede social para xornalistas que informan sobre inmigración
Venres, 30 de Setembro de 2011
A Fundación Bertelsmann lanzou a rede social 'Comunicación e Diversidade' dirixida a xornalistas, comunicadores e institucións especializados en inmigración. O obxectivo é crear un punto de encontro para intercambiar experiencias e mellorar a información e o enfoque que se ofrece nos medios sobre este colectivo.
A rede social é unha ferramenta nova para a xestión da inmigración e con todo o potencial da web 2.0. Pretende fomentar o intercambio de contidos especializados en diversidade, como informes, enlaces e estudos; analizar as boas e malas prácticas en comunicación sobre temas de inmigración e fomentar o debate, a través dun foro virtual, entre outros.
Á rede, http://comunicacionydiversidad.ning.com pode acceder calquera xornalista que reciba unha invitación, xa sexa por parte da Fundación ou por parte doutro usuario que participe na mesma. Deste xeito, preténdese integrar a todas aquelas persoas, asociacións e institucións que estean vinculadas coa realidade dos inmigrantes, de forma que aumente o caudal de información sobre a situación e os problemas que vive este colectivo, favorecendo a integración dos novos cidadáns.
Esta iniciativa enmárcase no proxecto 'Cities of Migration', unha colaboración internacional da Fundación Bertelsmann coa Maytree Foundation, que en España traballa cos medios de comunicación para proporlles unha reflexión conxunta sobre a cobertura informativa da diversidade e a integración. Este proxecto desenvólvese a través de accións como a Mesa de Reflexión, con xornalistas de medios de toda España, que tivo lugar o pasado mes de marzo en Madrid, sobre o tratamento que ofrecen os medios en temas relacionados coa diversidade. www.redinmigrante.es
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas