GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os alcaldes da Laracha e Coristanco visitan Uruguai e Arxentina

(18/10/2011)

Os alcaldes da Laracha e Coristanco visitan Uruguai e Arxentina

Autor:
carballo / a voz
Data de publicación:

Os alcaldes da Laracha, José Manuel López Varela, e de Coristanco, Antonio Pensado Plágaro, viaxaron a finais da semana pasada a Sudamérica, en viaxe oficial, para visitar os centros galegos de Montevideo e Buenos Aires. Os rexedores estarán ausentes ata este mércores e aproveitarán a súa estancia en Arxentina e Uruguai para facer campaña e analizar as necesidades dos emigrados galegos.

Os primeiros edís da Laracha e Coristanco interesaranse polo día a día daqueles emigrados da Costa da Morte, cos que os rexedores manterán diversos encontros específicos. Segundo apuntaron diversas fontes, tanto López Varela como Pensado Plágaro queren coñecer de primeira man as preocupacións dos galegos da comarca de Bergantiños e estudar se se pode facer algo a nivel institucional.

José Ramón Martínez Barbeito e Juan García Velo ocupan agora, respectivamente, as alcaldías ata o regreso de López Varela e Pensado, previsto para mañá.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas