GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración outorga 18 bolsas para estudos en universidades galegas

(27/10/2011)

Emigración outorga 18 bolsas para estudos en universidades galegas

Poderán optar mozos procedentes de Brasil, Arxentina, Cuba, Venezuela, Estados Unidos e República Dominicana.

Autor:
Redacción dixital
Data de publicación:

A Secretaría Xeral de Emigración outorgou un total de 18 bolsas de estudo a mozos do exterior para este curso 2011-2012. O programa, financiado con 114.000 euros, está destinado a subvencionar os estudos de Máster, Título de Grao e FP destes mozos procedentes de Brasil, Arxentina, Cuba, Venenzuela, Estados Unidos e República Dominicana.

Os beneficiados cursarán os seus estudos nas universidades galegas de Santiago (que acollerá a nove mozos), A Coruña (6) e Vigo, onde se matricularán os tres restantes. A maioría dos bolseiros, cursarán estudos de Máster, mentres que sete matricularanse para obter Título de Grao. Os outros dous restantes cursarán FP e curso de intercambio.

As axudas oscilan entre os 5.000 e os 7.000 euros. Os solicitantes admitidos deberán remitir á Secretaría Xeral de Emigración a documentación esixida, no caso da axuda para viaxe, achegar a factura orixina correspondente ou documentación que acredite a realización da viaxe ou o seu pago; e certificación orixinal do número de conta bancaria da cal a solicitante da bolsa sexa titular, dirección para os efectos de notificación e teléfono de contacto en Galicia, así como declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social.

No caso de renunciar á bolsa, o interesado deberá comunicalo por escrito á Secretaría Xeral de Emigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas