GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Valeriano Gómez recoñece o labor das ONGs que colaboran no Programa Operativo Loita contra a Discriminación

(03/11/2011)

Valeriano Gómez recoñece o labor das ONGs que colaboran no Programa Operativo Loita contra a Discriminación

A iniciativa ten gran experiencia en medidas orientadas aos grupos máis vulnerables e excluídos do mercado de traballo

2 nov 2011. O ministro de Traballo e Inmigración, Valeriano Gómez, mantivo esta mañá unha reunión coas organizacións Cáritas, Cruz Vermella Española, Fundación ONCE e Secretariado Xeral Xitano, na que lles fixo chegar o seu recoñecemento polo labor levado a cabo no Programa Operativo Loita contra a Discriminación.

O Programa Operativo, con gran experiencia en medidas orientadas aos grupos máis vulnerables e excluídos do mercado de traballo, demostrou resultados positivos na súa traxectoria tanto na etapa de bonanza económica como nos momentos de maior impacto da crise, incrementando o número de beneficiarios, as actividades formativas e os contratos conseguidos.

Segundo o informe de resultados presentado polas ONGs a Valeriano Gómez, o Programa Operativo Loita contra a Discriminación fixo posible desde 2000 a 2010 502.851 itinerarios de inserción, 201.422 insercións no mercado laboral, que 134.609 persoas pasen por accións formativas e creáronse 1.363 empresas. Deste xeito, no ano 2010 o número de beneficiarios  incrementouse en relación cos anos anteriores un 56%, as contratacións un 9% e o número de accións formativas un 63%.

Á marxe dos resultados cuantitativos, o ministro de Traballo e Inmigración escoitou dos portavoces das organizacións sociais presentes na reunión o valor específico que poden achegar ás medidas de non discriminación no traballo. Así destacaron os procedementos adaptados especialmente aos grupos máis afastados do mercado laboral, a capacidade de mobilizar recursos económicos (no ámbito público e o privado), a colaboración estreita coas administracións públicas e cunha rede importante de empresas e o traballo integral coas persoas, as familias e as contornas nos que están viven.

Para rematar, as organizacións que traballan o Programa Operativo pediron ao titular de Traballo e Inmigración un compromiso para que a loita contra a discriminación e a exclusión no mercado de traballo dos grupos máis vulnerables sexa unha prioridade nos futuros regulamentos dos Fondos Estruturais e nas políticas activas de emprego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas