GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A mesquita de Arteixo cumprirá un ano pechada pendente de licenza

(09/01/2012)

A mesquita de Arteixo cumprirá un ano pechada pendente de licenza

O Concello di que falta documentación para que poida abrir

A comunidade musulmá Abou Baker viuse obrigada entón a comprar unha vivenda no centro de Arteixo. A casa, duns 220 metros entre a vivenda e o patio interior, conta con dous accesos, un pola travesía de Arteixo, diante do xulgado de paz, e outro a través da leira. A vivenda necesitaba reformas para adecualo como centro de oración e cultural, pero a licenza de obra menor outorgada, tres meses máis tarde, polo anterior goberno local non foi suficiente para as obras que se estaban desenvolvendo e o novo goberno retirouna porque a solicitude só indicaba a reparación da fachada e a substitución de fiestras e portas. O Concello constatou, tras unha inspección ao inmoble, que as obras excedían os permisos para os que fora concedidos, xa que observaron unha reforma das divisións en plántaa soto, a instalación de fontanería e sanitarios na planta baixa, a modificación da instalación eléctrica e obras de demolición de peches no patio exterior e formación de muretes. Desde que o Concello de Arteixo emitiu a «suspensión inmediata» das obras en xullo do pasado ano, o inmoble atópase á espera de obter a licenza de obra maior necesaria para acondicionalo.

A comunidade musulmá sempre indicou a súa intención de cumprir con todos os requisitos que o goberno local lle esixía para evitar os problemas que xurdiron co anterior executivo municipal e que levaron á Fiscalía da Coruña a remitir a denuncia ao xulgado decano da Coruña por considerar que a exregidora, Pilar Souto, podería incorrer nun delito de prevaricación por non «adoptar as medidas previstas» para que o local cumprise coa legalidade da actividade que alí se estaba desenvolvendo.

 

Sen data prevista

A comunidade tamén explicou que entregaría o proxecto de obra. O Concello indicou estes días que aínda falta por presentar algunha documentación e Abou Baker non pon prazo á concesión da licenza e a finalización das obras polo que é practicamente seguro que Arteixo cumprirá un ano sen ter mesquita. A comunidade recorda que o novo inmoble pretende ser ademais de centro relixioso tamén centro cultural onde se impartirán clases de árabe para españois, ademais doutros idiomas, cursos de informática e diversos talleres. Así mesmo, explicaron entón que na procura do novo local estiveron asesorados en todo momento e solicitaron información ao Concello para saber se o inmoble cumpría cos requisitos necesarios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas