GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago Camba preside a XXIV Gran Festa de Galicia en Toronto

(30/01/2012)

Santiago Camba preside a XXIV Gran Festa de Galicia en Toronto

 
 
Domingo, 29.01.2012
  • Trátase da primeira vez nesta lexislatura que un alto cargo da Xunta visita á colectividade galega en Canadá.
  • O secretario xeral da Emigración gaba o papel da mocidade e das mulleres na diáspora, do que os e as residentes no país norteamericano son bo exemplo.

Centro Español de Toronto

O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, presidiu a pasada noite (madrugada en Galicia) a Gran Festa de Galicia organizada pola Peña Galega do Club Hispano de Toronto. Á celebración asistiu asemade o cónsul xeral de España en Canadá, Francisco Pascual de la Parte, a Presidenta do club anfitrión, Dolores González Bastida, e boa parte das persoas integrantes da entidade.

Na súa intervención, Camba recordou que os galegos e as galegas en Canadá teñen desenvolvido “unha importante tarefa asociativa, asistencial, cultural, en definitiva, de vocación social (...) referente e estímulo do noso esforzo e a nosa acción de goberno desde Galicia”. O secretario xeral da Emigración afirmou tamén que “os galegos e españois que residides no exterior volvedes ser referencia como dinamizadores da nosa imaxe no mundo”.

Igualmente, recordou que “no último século abandonastes as orixes para buscar mellor futuro en lugares afastados e provocastes un sentimento de dignidade deficitario noutros tempos. Hoxe, Galicia mira de novo ao exterior para buscar oportunidades de negocio e investimento (...) pero ben podemos dicir, afortunadamente, que a situación é diferente á daqueles tempos. (...) Temos a vosa valiosa experiencia, e contamos cunhas estruturas, un nivel de formación e un tecido empresarial que ofrecen bases sólidas para exportar os nosos produtos e servizos”.

Santiago Camba lembrou que, no eido da Emigración, “é o momento da xuventude. Un momento para o mantemento dos logros herdados, honrosa lección visible e palpable para fillos e netos. Pero esta actual realidade da emigración ten un rostro novo e tamén fundamentalmente feminino. Por iso continuaremos explorando novas vías para facer da muller un interlocutor de relevancia no seo das colectividades galegas no exterior. Neste senso, o Club Hispano e a súa Peña Galega sodes exemplo da relevancia do traballo liderado e firmemente apoiado por mulleres”.

A Festa continuou, trala intervención das autoridades, coa interpretación de temas musicais tradicionais galegos por parte de membros da Peña, para dar comezo despois ao servizo de cea, durante a cal tivo lugar o sorteo de regalos doados polos propios socios e socias e simpatizantes da Peña Galega, para rematar coa xa tradicional queimada.

Promesa cumprida
A presenza de Camba é a realización dun compromiso persoal coa directiva da Peña Galega, e co seu presidente Antonio Gómez e a súa coordinadora Josefina Torre, de asistir e apoiar as iniciativas da activa colectividade galega no país máis setentrional de América. Trátase da primeira vez nesta lexislatura que un alto cargo da Xunta visita Canadá, onde se calcula que poden residir preto de mil galegos e galegas.

Concretamente en Toronto, o Club Hispano –do que depende a Peña Galega- conta con máis de setecentas persoas socias, das que tres cuartas partes son nacidos e nacidas en Galicia ou descendentes. A entidade conta con 48 anos de antigüidade, e no ano 1987 adquiriu as instalacións onde desenvolve a maioría das súas actividades.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas