GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A inmigración en Carballo baixou case un 10 % en cinco anos

(13/02/2012)

A inmigración en Carballo baixou case un 10 % en cinco anos
Nese mesmo período a poboación do municipio aumentou un 2,3 %

Autor:
CRISTINA ABELLEIRA
Localidade:
CARBALLO / la voz
Data
13/2/2012

O municipio de Carballo non deixa de gañar poboación. Nos últimos cinco anos o incremento foi de 720 persoas, o que supón un 2,3 %, e nestes momentos hai 31.459 habitantes (15.364 homes e 16.095 mulleres). Segundo os datos recollidos no barómetro administrativo municipal, Carballo é, ademais, un concello relativamente novo, xa que hai 9.315 veciños menores de trinta anos fronte aos 6.499 que superan os 65, e o groso da poboación, os 15.645 habitantes restantes, concéntranse na franxa de idade que vai dos 31 aos 64 anos.

A natalidade xoga un papel moi importante no crecemento da capital de Bergantiños, que o ano pasado, por segundo consecutivo, tivo un saldo vexetativo positivo. Con todo, o groso dos novos habitantes prodúcese pola atracción que exerce Carballo, sobre todo, nos concellos da contorna. Nos últimos cinco anos instaláronse na localidade 4.205 persoas procedentes doutros municipios. Nese mesmo período rexistráronse 1.134 nacementos.

A inmigración tamén contribuíu, aínda que cada vez menos. Dos 982 estranxeiros que se asentaron no municipio carballés desde o 2007, 461 fixérono, precisamente, ese ano. Desde entón a cifra non deixou de descender, e o ano pasado só houbo 110 altas procedentes doutras nacións. A poboación inmigrante está formada nestes momentos por 703 persoas, un 9,75 % menos que fai cinco anos. A colonia máis importante continúa sendo a uruguaia, aínda que hai menos da metade de cidadáns dese país que no 2005. Pola contra, agora hai máis romaneses, brasileiros ou senegaleses. Tamén aumentaron, aínda que en menor medida, os estranxeiros procedentes do Reino Unido, República Dominicana ou Perú, pero a maior parte das numerosas colonias do exterior permanecen estables.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas