GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O CIM da Coruña incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas

(02/03/2012)

O CIM da Coruña incorpora un servizo de teletradución a 51 idiomas

 
 
Xoves, 01.03.2012
  • Ofrecido sen custe pola Secretaría Xeral da Igualdade, mellora a atención ás mulleres e ás vítimas de violencia de xénero estranxeiras, facilitando unha comunicación verbal máis eficaz.
  • Na Coruña, tamén está operativo na Casa de acollida municipal, na ONG Ecos do Sur e na Asociación da Comisión Católica Española de Migración.

A secretaria xeral da Igualdade e o alcalde da Coruña, na sinatura do convenio.

O Centro de Información á Muller da Coruña incorporou o agora rematado mes de febreiro un servizo de teledradución para mellorar a atención ás mulleres e vítimas de violencia de xénero inmigrantes, que ofrece sen custe a Secretaría Xeral da Igualdade, e facilitará a comunicación en 51 idiomas.

O servizo entra en funcionamento ao abeiro do convenio de colaboración entre Igualdade e o Concello da Coruña, asinado pola titular de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, e o alcalde, Carlos Negreira, nun acto celebrado nas instalacións do CIM. Trala sinatura, dúas usuarias, de orixe senegalesa e marroquí, tiveron a oportunidade de participar nunha demostración das aplicacións do sistema, que se fai extensivo tamén á Casa de acollida municipal para mulleres vítimas de violencia de xénero.

A potencialidade e utilidade deste sistema queda de manifesto á vista dos datos de atención á poboación feminina estranxeira destes centros. Das 423 mulleres que o pasado ano foron atendidas por primeira vez no CIM da Coruña, un 17% eran estranxeiras, maioritariamente de Marrocos, Rusia, Senegal, Mali, Bosnia e Polonia. Das 31 mulleres residentes na casa de acollida o pasado ano, o 58% eran estranxeiras; e das 20 crianzas, o 75% eran fillos ou fillas de inmigrantes.

A Secretaría da Igualdade ofrece a teletradución á rede de CIMs de Galicia, ás casas de acollida que asisten ás vítimas de violencia de xénero e ás entidades e ONGs que desenvolven a súa actividade solidaria neste eido.

En resposta a este ofrecemento da Administración autonómica, un total de 50 CIMs das catro provincias –19 na Coruña, 16 en Pontevedra, 9 en Ourense e 6 en Lugo- manifestaron ata o de agora o seu interese en adherirse ao sistema, que sigue aberto para os que no futuro desexen incorporarse. Tamén está operativo na rede de casas de acollida e nas nove entidades e ONGs que traballan en Galicia neste ámbito, dúas das cales teñen a súa sede na Coruña, Ecos do Sur e a Asociación da Comisión Católica Española de Migración.

Unha comunicación verbal eficaz, determinante nos casos de violencia de xénero
As novas características poboacionais derivadas da inmigración motivaron á Administración autonómica a mellorar as técnicas para unha eficaz atención ás usuarias, con independencia da súa lingua. A teletradución está pensada para dar apoio a unha parte da poboación que ten dificultades engadidas para acceder aos recursos existentes, formada polas mulleres inmigrantes residentes en Galicia, e ten entre as principais vantaxes reducir o estrés producido pola barreira idiomática e facilitar unha comunicación verbal máis eficaz, que resulta determinante nos casos de consulta por violencia de xénero.

A través da plataforma de teletradución, estas mulleres terán a seguridade dun acceso axeitado á información e aos recursos dispoñibles, sobre atención psicolóxica, prestacións económicas, centros de acollida ou asesoramento xurídico. O sistema permite ás usuarias comunicarse telefónicamente cunha intérprete, desde calquera centro no que se atopen, ben sexa un CIM, unha casa de acollida ou calquera entidade adherida; así como o establecemento de chamada a tres, para que interactúen a usuaria, a persoa profesional da entidade e a intérprete.

Segundo datos do IGE, correspondentes a 2010, en Galicia había 109.670 persoas estranxeiras, 54.447 mulleres e 55.223 hombres. En Lugo, 14.176: 6.757 mulleres e 7.419 homes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas